Pregúntanme algunhas amigas e amigos en Instagram onde está isto... E eu non o penso dicir! Pero non por malicia, senón porque así creamos xuntos o I Concurso Galicia en Foto.
Gaña quen adiviñe o nome do lugar no que botei esta foto e da vila aló abaixo.
(Errar non penaliza!)
(Errar non penaliza!)
Se isto funciona, prometo segunda edición e un premio de cine!
PUBLICAREI O GAÑADOR AQUÍ ÁS 23.00 HORAS DO VENRES 5
MOI BEN!!! SODES UNS CRACS!
O lugar é o incrible miradoiro do Cortelliño, na Serra da Groba,
e o que se ve aló abaixo é o porto de Baiona, Praia América, a península de Monteferro,
as Illas Cíes e, ao outro lado da ría, o Morrazo rematando en Cabo Home.
Un sitio IMPRESIONANTE
con paisaxe, natureza, petróglifos e idóneo para tirarse en parapente!
AO HABER TANTOS ACERTANTES, DECIDÍN O GAÑADOR POR SORTEO.
CREO QUE TODOS CONFIADES EN MIN. ASÍ QUE...
O GAÑADOR OU GAÑADORA É...
TA-CHÁN!
SARA!!! MOITOS PARABÉNS!!!
O MARTES TERÁS O TEU SACO!
SACAZO DE BOMBÓNS!
GRAZAS A TODOS!
E PREPARÁDEVOS PARA A PRÓXIMA EDICIÓN, AXIÑA!
VAI SER A VOSA!
PUBLICAREI O GAÑADOR AQUÍ ÁS 23.00 HORAS DO VENRES 5
MOI BEN!!! SODES UNS CRACS!
O lugar é o incrible miradoiro do Cortelliño, na Serra da Groba,
e o que se ve aló abaixo é o porto de Baiona, Praia América, a península de Monteferro,
as Illas Cíes e, ao outro lado da ría, o Morrazo rematando en Cabo Home.
Un sitio IMPRESIONANTE
con paisaxe, natureza, petróglifos e idóneo para tirarse en parapente!
AO HABER TANTOS ACERTANTES, DECIDÍN O GAÑADOR POR SORTEO.
CREO QUE TODOS CONFIADES EN MIN. ASÍ QUE...
O GAÑADOR OU GAÑADORA É...
TA-CHÁN!
SARA!!! MOITOS PARABÉNS!!!
O MARTES TERÁS O TEU SACO!
SACAZO DE BOMBÓNS!
GRAZAS A TODOS!
E PREPARÁDEVOS PARA A PRÓXIMA EDICIÓN, AXIÑA!
VAI SER A VOSA!
Ola Miguel, fantástico concurso. A vila do fondo é o concello de Nigrán, praia América e Panxón. Onde sacaches a foto xa é outro conto, pero pode ser na serra do Galiñeiro??.
ResponderEliminarParabéns pola idea.
Máis ben dende o alto da Groba, en Baiona.
ResponderEliminarCreo que es el monte da Groba y el sitio el que se retrata es Baiona
EliminarSon Daisy, o Pobo que se ve é Gaifar (Nigran), é sacada dende o parque natural de sabarís
ResponderEliminarA foto está tomada dende a Serra da Groba concretamente no mirador do Cortelliño e nela se aprecia: Praia América, Nigran Mote Ferro, Illas Cíes e ao fondo pódese contemplar Cabo Home na península do Morrazo.
ResponderEliminarSaúdos Yaiza
Hola, son Ander e a foto creo que está tomada dende a Serra da Grova, e o pobo do fondo é Nigran.
ResponderEliminarOla Miguel Abraira! Carolina e eu pensamos que é dende a Serra da Groba e facendo as nosas investigacións, concretamente no Cortelliño e dende alí pódese apreciar as Illas Cíes, Monte Ferro e Lourido. Biquiños de parte das dúas
ResponderEliminarHola, son Jéssica e creo que a foto está sacanda dende o Monte Grova e mírase Nigrán, Baiona, Patos, Ramallosa e Sabarís.
ResponderEliminarEu penso que é o monte Da Groba dende onde tomaches a foto e mais concretamente dende o Mirador do Cortelliño e pode verse Nigrán, Baiona e as Illas Ons e Cies.
ResponderEliminarOla, son Carmen! Esa foto está quitada dende o alto da Serra da Groba! Nela pódense ver os concellos de Baiona, Nigrán, Moaña, Cangas e Vigo; as rías de Baiona e Vigo; as illas Cíes e as Estelas; e ao fondo Cabo Home.
ResponderEliminarUn saúdo!
¡Moitas grazas a ti!
ResponderEliminarQue gozada. Unha vez máis, Caronte somos todos. Grazas Sindo, Natalia, Carolina, Daisy, Carmen, Yaiza, Nico, Ander, Jessica e por suposto Sara, por responder con ilusión e ser cómplices para xogar xuntos. E tamén a todos os que, sen atrevervos a dicir un nome, vos pasastes para ver a foto. Por favor, non deixedes por nada do mundo de ir a ver este lugar, que está case no Alto da Groba, a uns 10 quilómetros de Baiona, e que é unha auténtica pasada. Cando cheguedes sentiredes ganas de berrar, de botar fotos, de despegar cun parapente ou simplemente de sentarvos a mirar e escoitar en silencio. Acordádevos de Caronte, cando esteades alí!
ResponderEliminarA ti, Sara, espérote o próximo martes, no insti, co teu saco de bombóns!
E desde logo a todos, como houbo xogo, e o pasamos ben, espérovos a vindeira semana, cun fotón desta Galicia de cine que temos... e un premio diferente, e á altura! De cine. :)