"... na vida as cousas máis terribles ocorren en silencio e de maneira natural"
Unha das inquedantes páxinas de Natacha Bustos (debuxo) e Francisco Sánchez (guión) |
Así comeza "Chernóbil-La zona", novela gráfica sobre o maior desastre nuclear da historia da humanidade. Aquel día, 26 de Abril de 1986, o accidente no reactor 4 da central nuclear de Chernóbil, en Ucrania (daquela integrada na URSS), liberou á atmosfera o equivalente a varias deceas de bombas atómicas como a de Hiroshima. Aínda que a choiva ácida caeu sobre máis de vinte países, o peor tivo lugar nuns 30 quilómetros arredor da central. Nesa zona (A Zona), a vida e o tempo detivéronse por completo aquel día.
Portada do cómic con reloxo ucraniano, se cadra feito e usado preto de Chernóbil |
Pripiat era o orgullo da URSS. Unha cidade novísima, construída a tres quilómetros da central, con miles de vivendas para as familias dos traballadores e todo tipo de equipamentos, incluído un parque de atraccións a punto de estrearse. Unha cidade modelo... ata que un accidente, unha simple reacción química, iniciou o caos: a alarma na central, a ausencia de noticias e información fiable, as dúbidas, o medo, a policía na porta, unha mochila rápida, e unha evacuación forzosa. Todo quedaba atrás: as casas, os obxectos, as mascotas (non deixaron levalas), a ilusión. Así foi como a cidade modelo quedou reducida a cidade fantasma. Condeada para sempre ao más terrible dos silencios. E condeados os seus habitantes a morrer, ou a vivir cos efectos da radiación.
Este é un cómic para sentir e entender os riscos das centrais nucleares, e en concreto o que se viviu en Chernóbil. Para velo, non queda outra que viaxar a Ucrania cun permiso especial para poder entrar na zona, pechada por seguridade. Aínda que... Se de verdade vos gustaría viaxar a Pripiat, e ver en que a converteu o accidente, podedes. Sen riscos. E a bordo dun drone. Grazas a este vídeo.
Clic na imaxe. E feliz voo sobre o caos nuclear
Este siniestro nuclear es de año 1986,creo y hoy día aun no es habitable. Ucrania, kiev
ResponderEliminarTes razón, David. Lin que terán que pasar vintesetemil anos (27.000 anos!) para que as terras de Pripiat, a cidade máis próxima á central, poidan volver a ser habitadas sen risco para a saúde das persoas. En cambio, precisamente algo que me impresionou lendo o cómic foi saber que algúns (sobre todo anciáns) dos que foron evacuados e obrigados a deixar as súas casas, regresaron ao pouco tempo a elas. Tiñan tanta dor e botaban tanto de menos o que deixaran atrás, que houbo familias que se atreveron a volver, traballar de novo coas súas mans a terra contaminada, e seguir comendo os alimentos que alí medraban.
EliminarO mellor de todo é que o goberno pensaba ocultalo...
ResponderEliminarChegaron a dar unha cifra de tan só 32 mortos!.