Non me digades que non vos sona esto do feísmo! Nin que non tedes opinión ao respecto! Porque o feísmo caldea o ambiente que dá gusto, xerando debate alí por onde pasa. Por unha parte, están os que defenden que cada un na súa leira ou coa súa vivenda fai o que lle peta; pola outra, están os que, coma min mesmo, pensamos que estamos atrapallando a maior e máis singular das riquezas de Galicia: a paisaxe. De que grupo sodes vosoutros? Ah, que non o tedes claro? Pois veña. Marchando unha de feísmo!
Pon un bonito somier na túa vida... e na túa leira (un clásico do noso feísmo)
A modiño!, non vaias mallar nos cables da luz
Exemplo de ¿pacífica? convivencia entre a tradición e a modernidade
Fermosa edificación enriquecendo a paisaxe en Chapela, Redondela.
Fermosa edificación enriquecendo a paisaxe en Chapela, Redondela.
Exemplo de "coidado" urbanismo en Lalín. Para que logo digan...
Por que, Señor, por que?! Pontevedra
Galicia calidade. Edificio con 4 anos de garantía (polo menos) na comarca do Salnés.
O feísmo é a mala arte da chafallada, da chapuza, de facer construcións ou aplicar solucións arquitectónicas desmesuradas e que raian no absurdo: por feas, cutres e denigrantes para ese patrimonio de todos que é a paisaxe. Como saber se un está ante un caso de feísmo? Fácil. Ante un bo exemplo do auténtico e inimitable feísmo galego, un nunca sabe se rir ou chorar. A primeira reacción é a risa e incluso a gargallada, pois non se lle pode negar o mérito da orixinalidade; pero o que queda ao final é esa sensación amarga que deixan as feridas irreparables.
La Voz de Galicia mesmo colecciona fotos de "Chapuzas gallegas", a cal máis incrible.
Na incrible páxina de Facebook "Canibalismo urbanístico", atoparedes moitos máis exemplos.
Como o deste horrible mamotreto ao lado dunha obra única en Carballiño.
Construción tipo champiñón laminado. Sen palabras
Unha volta polo Porriño pode resultar tan tronchante como deprimente.
Edificios amplios e con vistas, para unha cidade máis habitable
Arquitectura de altura. Como a farola.
De verdade que o progreso é esto?
...ou esto?
Son estes os edificios e a paisaxe na que queremos vivir?
Non todo é paisaxe verde, nin praias virxes, nin fermosas catedrais.
Non vos doen os ollos?
Non vos doe Galicia?
Doen os ollos, doe a alma, doe Galicia... Que lástima... Non debería haber máis control neste tema???
ResponderEliminarDebería. E, habendo verdadeira vontade, non sería necesario moito. Abondaría cun pouco de educación, cunhas poucas normas que poñan orde, un pouco de exemplo por parte das administracións cando fan obra, un pouco de axudas para quen desexe facelo ben, e un pouco de amor non só polo que é de un, senón polo que é de todos.
ResponderEliminar