Hai dúas maneira de celebrar unha data así de importante: unha é mirando atrás.
Clic sobre o Trabant, para volver aos días da caída.
A outra consiste en coller os fíos do pasado, e tecer con eles un lenzo que o pasado, por si só, xamais podería tecer.
Clic sobre os globos para ver que pasará esta noite en Berlín,
25 anos despois.
Feliz aniversario, Berlín.
Pra diante.
ResponderEliminarMirar sempre pra diante.
Berlín e a súa historia, dígoo sempre, son pra coñecer. De lonxe, sí, pero sobre todo, SOBRE TODO, de preto. Tes que ir. E eu teño que volver (a ver se en breve me escapo uns días).
Quizais haxa cousas que só se poden vivir no sitio onde empezaron.
Quizais, aínda que a un lle de unha pinchada o corazón cando ve os poucos restos que quedan dese muro ou cando segue pola cidade os adoquíns que marcan ese pasado, haxa que ir alá pra "palpar" esa historia.
Quizáis haxa que escoitar a todos os que sinten que aínda teñen algo que contar.
Quizáis haxa que ir alá pra sentir.
Tes que facer esa viaxe, Miguel. En serio.
SEI que che ía encantar.
:)
Irei! Espero!
EliminarPolo Muro, e por todo o que alí mellorou desde que os cidadáns, empurrando xuntos, lograron abrilo.