As postais sempre implican un coidado especial polo detalle e pola persoa á que se lle envía. Gústame a fusión de fotografía e literatura que hai nelas, e tamén o arrecendo que desprenden a viaxe, a ilusión ou a nostalxia. Gústame o tacto do cartón e como envellece a tinta sobre el. E gústame tanto envialas como recibilas. Quizais só os que algunha vez recibiron unha postal persoalmente ou descubriron un taco delas no fallo dunha casa, poden comprender toda a beleza que hai nas postais.
A pasada semana fun eu quen viaxou;
por iso estas postais son para vós.
por iso estas postais son para vós.
Para os historiadores de Bacharelato
Para os guerreiros de Secundaria
Para todos
Feliz verán.
E para combater a nostalxia, na vosa clase ou non, vémonos á volta!
Mmmmmmmm, xa comezas a ter morriña dos teus metros cadrados de aula :< (eu tamén)
ResponderEliminarNostalxia ou saudade que mais dá!. O importante non son os metros cadrados, senón as persoas que os habitaban.
Ía dicir algo máis pero non teño palabras! ;)
Aaahh ((e no de saudade me refiro a nostalxia, (sentimento) non a salud.))
ResponderEliminarSempre! Pero como sentimento positivo!
ResponderEliminar