03/07/14

Postais para unha fin de curso

03/07/14

As postais sempre implican un coidado especial polo detalle e pola persoa á que se lle envía. Gústame a fusión de fotografía e literatura que hai nelas, e tamén o arrecendo que desprenden a viaxe, a ilusión ou a nostalxia. Gústame o tacto do cartón e como envellece a tinta sobre el. E gústame tanto envialas como recibilas. Quizais só os que algunha vez recibiron unha postal persoalmente ou descubriron un taco delas no fallo dunha casa, poden comprender toda a beleza que hai nas postais.

A pasada semana fun eu quen viaxou;
por iso estas postais son para vós.

Para os historiadores de Bacharelato

Para os guerreiros de Secundaria


Para todos


Feliz verán.
E para combater a nostalxia, na vosa clase ou non, vémonos á volta!

Recibe os contidos no teu correo

3 comentarios

  1. Mmmmmmmm, xa comezas a ter morriña dos teus metros cadrados de aula :< (eu tamén)

    Nostalxia ou saudade que mais dá!. O importante non son os metros cadrados, senón as persoas que os habitaban.

    Ía dicir algo máis pero non teño palabras! ;)

    ResponderEliminar
  2. Aaahh ((e no de saudade me refiro a nostalxia, (sentimento) non a salud.))

    ResponderEliminar
  3. Sempre! Pero como sentimento positivo!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK