Falta un día para a Selectividade! E aínda que este curso non dei clases en 2º BAC, teño algúns exalumnos para os que quero desexar forza, ánimo e a mellor das sortes. Así que, igual que fixemos en Caronte hai un ano, ou dous, ou tres, é hora dunha boa carga de enerxía extra. É o momento desa canción-himno optimista e vitamínica, que cumpra profesionalmente co seu cometido: empurrarvos a todo trapo cara ese lugar que soñades para vós, máis aló do maldito Selectivo. A elección deste ano (xa tocaba!) é para un mito, para un deus, para alguén que vos di non que o intentedes, senón que o fagades. Facédeo. E que queden tremendo!
Clic na imaxe para cargar motivación!
Vós sabedes. Que treman.
E que o Show empece!
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!