31/03/14

Será por patas

31/03/14

Duncan naceu coas patas traseiras gravemente deformadas e houbo que eliminarllas. Imaxinade o momento ao que os seus donos se tiveron que enfrontar aquel día. Moitas persoas morrerían coa pena ao pensar en que clase de vida lle agardaría ao seu can sen dúas das catro patas. Non vai poder correr, nin xogar, nin erguer a pata como fan os demais, nin... Pero afortunadamente, ás veces, xorden persoas e animais cos que descubrimos que os obstáculos non existen; que os poñemos nós

Clic na imaxe para coñecer a Duncan.

Quen dixo que non se pode?
Grazas pola moeda @Telmovedra!

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. :_)
    Fermosa historia.
    Hai obstáculos e muros que ás veces nos parecen un mundo, pero se lle poñemos empeño e ganas, non hai ningún que non se poida saltar ou escalar... e a miúdo, ás vistas ao outro lado son marabillosas. ;)
    Gran exemplo o de Duncan, sen dúbida.

    ResponderEliminar
  2. "e a miúdo, ás vistas ao outro lado son marabillosas".
    :)
    Os muros están para derrubalos. E as utopías, por utopías que parezan, para camiñas cara elas. E para iso, sóbrannos patas, como a Duncan!

    ResponderEliminar
  3. Inés2/4/14

    Sí se puede, sí se puede, sí se puede.....el grito que me llena de energía y poderío para saltar el muro que nos pongan por delante.Gracias por el ejemplo anima un güevo que dicen por aquí....

    ResponderEliminar
  4. Sandra4/4/14

    Os animais son incribles!! Canto nos ensinan!! Duncan é un grande exemplo dos moitos animais que non se rinden, loitan, derriban muros e como tan bonito decides, desfrutan das marabillosas vistas ao outro lado! Todo un exemplo desde logo, a seguir, e que ademais nos demostra que con ganas e ilusión podemos conseguir o que nos propoñamos!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK