06/03/14

A vida cando eres neno

06/03/14

Entre a fotografía superior e a inferior hai moitas diferenzas e unha soa razón que as explica.
Non a ves?
Clic sobre a imaxe

"Que non estea pasando aquí, non quere dicir que non estea pasando."
Esta é a campaña iniciada pola ONG Save The Children para lembrar ao mundo o que está pasando en Siria. A historia está ambientada en Londres, lonxe do lugar no que se libra o conflito, pero iso non importa. Ou si. Porque tamén en Siria, por moito que agora nos coste crelo, a vida dos nenos era normal e nun ambiente familiar, ata que vivir alí se transformou no inferno.


Siria
o conflito con máis vítimas tras a Segunda Guerra Mundial.
3 anos xa de guerra. Máis de 100.000 mortos. 2 millóns de refuxiados.
E máis de 4 millóns de nenos coa súa vida destruída, por nada.
Está pasando. Agora.

Recibe os contidos no teu correo

3 comentarios

  1. Marey8/3/14

    O peor é escoitalos falar diso, como se estivesen falando do último partido que xogaron no medio da rúa. Despois de tres anos, volveuse algo "normal" e "habitual" tanto para eles como para nós, que en poucas ocasións nos paramos a pensar no que estamos escoitando no telexornal. Cifras e cifras

    ResponderEliminar
  2. Tal cal, Marey. Cifras e cifras. Ou titulares ocos, que apenas nos din nada porque nos queda tan lonxe que pensamos que nunca nos tocará vivir algo así. Laméntaste, e procuras esquecelo para poder seguir adiante.

    Incluso este vídeo, que non deixa de ser unha boa simulación con nobres propósitos, queda infinitamente lonxe da verdadeira dor dun neno sirio. En Youtube hai vídeos reais e moi moi duros, de nenos mortos na rúa tras os bombardeos, e pequenos fuxindo entre ráfagas de disparos. Imaxes tan duras que, en canto se reflexan nos ollos, é imposible non chorar. Nun deses vídeos aos que calquera pode chegar con só dedicar un minuto da súa vida á buscalos, un neno sirio mutilado por unha bomba (sen un brazo, sen unha perna) apenas é capaz de contar o que lle pasou e a inxusta e incomprensible situación na que o deixaron. Pregúntome para que demo hai unha cousa chamada ONU. Esa cousa.

    Para quen o queira, aquí queda.
    https://www.youtube.com/watch?v=HfPVjzNKpzw

    ResponderEliminar
  3. Marey11/3/14

    "onde está o mundo?"

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK