13/01/14

Ao Polo Sur, só e en bici

13/01/14

Se todo sae ben, dentro de 3 días Juan Menéndez Granados será a primeira persoa en lograr chegar ao Polo Sur, só e sen axuda... en bici! 


Pero non vai ser doado. Leva xa 41 días pedaleando a través da Antártida. Cada xornada pasa 12 horas sobre a bici ou tirando dela para cubrir apenas uns 30 quilómetros. A temperatura (-35º), o relevo, os ventos, ou as condicións da neve raramente lle permiten superar esa distancia diaria. Cando o corpo xa non aguanta, Juan monta a súa tenda, derrete neve nun pequeno forno de gas que leva e trata de repoñer forzas e replanificar a ruta en función de como van as cousas. O problema é que o itinerario está resultando algo máis longo do agardado. Onte mesmo, Juan contaba no seu blog que fáltanlle só uns 126 quilómetros para chegar ao Polo Sur... pero xa non lle queda máis que un almorzo, unha cea e apenas uns restos de froitos secos


Que chegues Juan. Que chegues ao Polo, como un día soñache.
Toda a épica e beleza da súa aventura, contada por el mesmo, facendo Clic AQUÍ

Recibe os contidos no teu correo

2 comentarios

  1. Vitoria14/1/14

    Cando se convertíu no primeiro blanco en cumbrear o Everest, preguntáronlle a Edmund Hillary por qué se xogaba a vida nunha aposta contra a montaña que tiña moitas posibilidades de perder, "Porque está aí", respondeu.
    Que bo poder contestarlle esto a alguen, porque supón que viviches con risco que é a maneira máis bonita de vivir!
    Cuídate.

    ResponderEliminar
  2. "Fun a primeira persoa do mundo en chegar en bici ao polo Sur. Vin os amenceres máis espectaculares do planeta. Descubrín o silencio. E ás veces permitinme o luxo de rompelo. Coñecín a Soidade, que reside alí, no continente deshabitado. Pedaleei sobre lagos conxelados. Durmín baixo estrelas tan luminosas que parecía día. Escoitei o terrible sonido do xeo cando racha preto dos teus pés. Sentín ao lonxe os folgos dos amigos, animando nalgún lugar. E unha tarde, despois de 40 días gañados á vida, cheguei. 90º Sur. É posible chegar máis lonxe?... Non en bici!".
    :)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK