Saltar ao contido principal

A tumba do saltador

Cando o meteron no sarcófago, xa non podía ver. Estaba morto. E naturalmente, como bo grego clásico, soubo asumilo como un momento máis da vida. Un momento agardado, coa serenidade de quen sabe que toda vida remata na morte. Por iso, antes de marcharse deste mundo, elixiu esta fermosa escena para pintar na cara interior da tapa da súa propia tumba, xusto sobre o lugar no que repousaría o seu corpo. 


Un saltador que se arroxa firme e decidido, novo e atlético, tan espido como cando veu ao mundo, ás ondeantes augas do descoñecido. Acaso pode haber unha tumba máis lúcida e serena? Acaso hai unha forma máis intelixente e tranquila de describir o trance inevitable da morte? Non o sei. O que si sei é que este é o único sepulcro da Grecia Clásica con pinturas que representan a persoas. Era moi normal atopar representacións humanas en cerámicas, pero non en tumbas! Tampouco era costume habitual nos gregos o de enterrar aos defuntos, pois en realidade adoitaban queimar os corpos en grandes piras e cunha moeda para Caronte baixo a lingua. Pero esta, ao parecer, non é unha tumba calquera, senón a dun home libre. Libre de pensar, vivir e morrer como quixo.

Vía


Eran cinco lousas de pedra perfectamente unidas con xeso ata formar unha especie de sarcófago enterrado no chan. O costume de enterrar é tomado dos itálicos, pero engadíronlle o seu toque pintando as lousas cun estilo claramente grego. E foi ese detalle de pintalas precisamente por dentro (eran para o morto, non para os vivos) o que as conservou intactas durante 25 séculos, que se di pronto. Coa súa fermosísima escena da tapa, pero tamén coas catro paredes representando un simposio, que era unha especie de banquete masculino, con música, bebida e ata un punto de erotismo (fiel aos costumes helenos). Dentro da tumba, había aínda os restos óseos dun home novo, dúas vasixas de cerámica para aceites perfumados, e tamén a coiraza dunha tartaruga.



Apareceu nunha necrópole grega, pero non en Grecia senón na chamada Magna Grecia, que era como eles coñecían ás terras de Sicilia e sur de Italia. Toda esa zona foi colonizada por eles antes de que os romanos formasen o seu imperio, e nela lograron desenvolverse de forma extraordinaria. De aí o de Magna: de magnífica. Aí estaba por exemplo a cidade de Síbaris, na que os gregos chegaron a ter un nivel de vida tan refinado, que aínda hoxe seguimos acordándonos dos seus habitantes cando vemos a un amante do luxo; é dicir, a un sibarita. Precisamente foron os propios sibaritas os que polo século VII a.C fundaron a outra gran cidade grega na zona: Poseidonia, á que os romanos chamarían despois Paestum. Nesas formidables ruínas é onde medrou, viviu e morreu o noso saltador.



Poseidonia ou Paestum conservouse de vicio porque as augas cubrírona totalmente durante unha época (o mar está só a un quilómetro da costa e o río que bordeaba a cidade desbordaba a miúdo). De feito, ten tres descomunais templos dóricos que son os mellor conservados de toda a Grecia Antiga, ademais de outras moitas construcións que despois foron engadíndolle os romanos.

Vía


Teño ganas de pasear entre as ruínas de Poseidonia, de achegarme a súa necrópole e de sentarme un bo pedazo de tempo, sen présas, diante da escena do Saltador. Ao vela, lémbrome de todas esas persoas que non queren oir falar da súa propia morte porque non ven nela descanso senón horror; ou que se asustan cando lles falas da beleza dalgúns cemiterios. E mentres admiro o sereno, digno e perfecto salto, doume conta de que ao mellor é por iso... Ao mellor é que aínda non viron as tumbas adecuadas.

Á memoria de Nelson Mandela, un home libre, pese ás cadeas. 
Que Caronte te leve ao bo lugar que mereces.

Comentarios

  1. Epicuro10/12/13

    "Nada hay terrible en la vida para quien está realmente persuadido de que tampoco se encuentra nada terrible en el no vivir".

    ResponderEliminar
  2. Vitoria10/12/13

    Coller aire e saltar contendo a respiración,sensibles á gran beleza que aparece con so rascar un pouquiño a capa cutre da realidade!!!
    Alehop!!

    ResponderEliminar
  3. Que grandes!
    Súmome:

    "Así como unha xornada ben empregada produce un doce sono, así unha vida ben usada causa unha doce morte".
    Leonardo da Vinci.

    "Para unha mente ben preparada, a morte non é máis que a seguinte aventura".
    Albus Dumbledore, personaxe das novelas de Harry Potter.

    "Abride esta tumba; ao fondo, vese o mar"
    Epitafio de Vicente Huiodobro

    ResponderEliminar
  4. Vitoria11/2/15

    Mira:
    "No estamos en la superficie más que para hacer una inspiración profunda que nos permita regresar al fondo.
    Nostalgia de las branquias."
    El tuffatore, Valente.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Fermosa forma de entender o que en realidade sabemos da vida e que, en cambio, a urxencia da rutina cotiá nos impide comprender. De Valente. E de valente é atreverse a entendelo así. Sorriso absoluto.

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!