Eu déralles unha longa lista de películas a elixir se querían facer un pequeno traballo absolutamente optativo. Cunhas poucas normas mínimas e coa trampa de premialos cun punto sobre a nota media, logro que moitos deles vexan unha película á que quizais eles sós non chegarían, que vivan en primeira persoa algún feito histórico dos que falamos na clase, ou simplemente que aprendan a relacionar o cine coa Historia. Sanny, como a ela lle gusta que a chamemos, elixiu "United 93". E esta que comparto aquí abaixo é a pequena obra de arte que ela fixo e me entregou:
Pero só un día antes, pensando en voz alta, Sandra compartía as súas dúbidas nunha rede social:
"Mi trabajo sobre United 93 no respeta ni un punto las normas de entrega,
y yo lloro, y sufro, y tengo que volver a empezar"
Por iso, cando rematou a clase, entregoume dúas versións dun mesmo traballo. Unha, en plan redacción formal, como adoitamos pedilo os profes, punto por punto e con toda a información. E outra en plan diferente, orixinal e creativo, que é como nos gusta absolutamente a todos. Esta última versión do seu traballo (que é a da imaxe) non só contiña todo o que eu lle pedía, senón que ademais mellorábao, ao coller todas as normas que eu puxera e crear algo novo e inesperado con elas.
Deume as dúas cun xesto recollido, como desculpándose por atreverse a pensar por libre. Collinas, cheguei a esta versión e debuxei un sorriso, por dúas razóns: primeiro porque iso é precisamente o que sempre pido: "Que sexa absolutamente voso". E segundo, porque se a educación debe consistir nalgo é precisamente niso que ela fixo: en aprender a pensar libremente. En atreverse a pensar. Grande, Sanny.
Quen dixo que aquí soamente ensinan os profes?
#AprendemosTodos
Pocas son las personas que consiguen sonrojarme.Aún vamos en el primer trimestre y es tanto por lo que darte las gracias, pero como bien dices tu, gracias por enseñarnos, enseñar de verdad.Me alegra saber que te gustó el trabajo, gracias Miguel! :3
ResponderEliminarEn primeiro lugar darlle a enhoraboa a Sanny polo traballo. En segundo lugar: Miguel, que grande eres tio!!!
ResponderEliminarNada de gracias Sanny! Eu só pedin un traballo, e ti puxécheslle o que facía falta para facelo teu e para facelo único. E iso é o que necesitamos: persoas que pensen por si mesmas e capaces de crear cousas novas. Persoas que nos melloren. Ánimo, e nunca deixes de pensar por ti mesma.
ResponderEliminarAh! Por certo: ti non coñeces a Antón. Pero vindo del, un cinéfilo-lector-batería de primeira, esa noraboa tenche que facer sentir ben orgullosa! :)
Un abrazo Antón!
Entendo que os teus alumnos estean tan contentos contigo Miguel, e sinto algo de envexa ao lembrar a miña etapa escolar, na que moitas veces quedabamos con dúbidas por medo a preguntar cando non entendíamos algo, daquela os mestres non eran tan cercanos, supoño que ainda quedará algún. Imaxino a Sanny o contenta que debe estar por ver o resultado do seu traballo do que ela non estaba moi segura, e tamén o contento que estás tí por ter alumnos coma ela, así que noraboa os dous.
ResponderEliminar:) Nin os mestres, nin os alumnos!
ResponderEliminarBueno, non sempre é todo Arco Iris. Ás veces a eles tamén lles toca estudar algo árido, moverse con fotocopias, sentirnos apurados de tempo, enfrontarse a probas... Hai cousas que aínda non logramos mellorar, e non sempre conseguimos crear algo novo ou logro que o pasen ben. Pero intentámolo. E iso si, pola parte que me toca, moitos días non só me sinto contento, senón tamén afortunado de poder compartir tempo, espazo, e historias con eles.
E iso nótase!
Grazas!