Saltar ao contido principal

Aceptar os errores

Se o máis difícil da vida é vivila, coas súas alegrías e os seus fracasos, o máis difícil da Historia é contala tal como foi, sen tomar partido por uns ou por outros. Por iso, non sempre é doado contala.


Pasa, por exemplo, coa Guerra Civil Española. Hai demasiada subxectividade cada vez que se fala dela, e iso é porque, de maneira moi clara, cada día comprobamos que moitos aínda viven na posguerra. Que hai feridas aínda abertas, e que non todos están dispostos a axudar a pechalas. Chegará unha xeración á que non lle importe facelo, unha xeración desprovista de fanatismos (ou polo menos dese fanatismo), con ganas de pasar páxina e ver que nos depara a Historia cando todos superemos isto. Pero de momento, estamos onde estamos: na triste, fanática e inútil posguerra.


O debate sobre as fosas comúns é unha mostra dese fanatismo. Durante a guerra, en ambos bandos cometéronse auténticas atrocidades. Nos dous houbo verdadeiros salvaxes, e nos dous cometéronse flagrantes inxustizas. Pero como tamén sucede en toda guerra, cando esta rematou, os vencedores non só escribiron a Historia ao seu gusto durante anos, senón que tamén empeñáronse en aniquilar aos vencidos. Froito dese intento por borrar toda discrepancia, hoxe coñecemos en España a localización exacta de 2.232 fosas con cadáveres de persoas executadas en cunetas e montes, e sen xuízo previo. Os familiares desas persoas uníronse hai anos para solicitar permiso para abrilas, e poder honrar dalgunha forma a memoria dos que así morreron. Pero só se deron aberto 390. En 2008, a Audiencia Nacional ordeou paralizar a apertura das fosas comúns deixadas polo franquismo, alegando posibles perxuízos a terceiros.


En España seguimos sen aceptar os errores cometidos no pasado. E claro, cando iso sucede e en vez de ir á raíz do problema fuximos cara adiante, os problemas quedan enquistados coma un tumor que reaparece a cada pouco. En 1977, só dous anos despois de morrer Franco, o goberno de España aprobou unha lei para non investigar os delitos do franquismo. Pospúxose así a curación das feridas para un momento de maior saúde xeral. Pero máis de trinta anos despois, a ONU e a xustiza doutros países sinálannos con dedo acusador para recordarnos o labor pendente. O de afrontar uns crimes que, por violar gravemente os dereitos humanos, ningún país pode deixar soterrados, sen xuzgar. O labor de volver atrás e aceptar os erros.


Sabedes? Meu abuelo foi a guerra. Viñérono a buscar a casa e loitou 3 longos anos no bando franquista. Pola forza. A el importáballe nada Franco, Azaña ou aquela estúpida guerra. Tiña 19 anos e, coma vós, so quería vivir. Ao volver, cando lle preguntaban se algunha vez matara a alguén en combate, sempre dicía que non. E ninguén lle cría. Pero ao velo, todos comprendían que esa guerra con persoas ás que nin sequera coñecía, non fora máis que unha maldita imposición a un rapaz. Meu abuelo merecía outra vida. E coma el, moitos merecían outra morte. Non se pode construír o futuro dun país deixando ás persoas nas cunetas.

Cun Clic en calquera das imaxes, podedes ver un vídeo no que se reproduce 
o proceso de apertura dunha desas 2.232 fosas do franquismo. 

O vídeo remata cunha frase:
"Quen non coñece ben a súa Historia, non pode deseñar o seu futuro".
A min paréceme que non é so cuestión de coñecer, senón tamén de recoñecer:
Quen non recoñece e afronta os erros do pasado, non pode asentar o edificio do futuro.

Comentarios

  1. Moi boa esta entrada Miguel!! Atopeite de casualidade e sígote dende fai tempo...
    Sabes qué?? Un irmán de miña avoa morreu nesta mesma guerra. Igual que o teu avó tivo que ir por imposición, pero o seu destino era terminar pronto a súa andaina por estes mundos, e nunha batalla en Teruel foi victima do estoupido dunha granada ou similar. Ós familiares só lles chegou a noticia, nunca o corpo, e miña avoa morreu moitos anos despois coa pena de non ter polo menos (porque anque parezca incrible, nestes casos alivia)a seu irmán enterrado coa súa familia.
    Coma éste moitos outros casos e moita inxustiza...
    Por eso cando lin esta entrada gustoume especialment. Ben falado!!!

    ResponderEliminar
  2. Ola Laura! Como me alegra atoparte de novo!

    Hai unha frase tan dura na túa historia que o di absolutamente todo: "Ós familiares só lles chegou a noticia, nunca o corpo". Ás veces, as historias máis duras da guerra non están só na fronte, senón tamén lonxe dela, como lle pasou á túa avoa. E como explicaba Primo Levi nun dos seus libros tras sobrevivir ao holocausto nazi, "os salvados" non sempre son precisamente os que logran sobrevivir... De "Los hundidos y los salvados". Coñécelo?

    Moitas grazas, Laura. Por seguir a Caronte. E sobre todo por compartir aquí unha moeda tan túa, e tan nosa. Ata pronto!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d