13/09/13

Un palo!

13/09/13

Todos coñecemos este anuncio e nos partimos de risa ao velo. Non vos pasa? Pero... Cantos saben o que anuncia? E sobre todo: Cantos compraron o que anuncia? Pois eu diría que poucos. Seguro! Así que a pregunta é: Porque demo unha empresa fai un anuncio así?

Ceo santo. É que ninguén lle vai dar un Oscar a este rapaz?
Lembrades as técnicas de venda dos supermercados? Ese carro da compra que se vai á esquerda para facilitarnos coller as cousas coa dereita, eses produtos imprescindibles situados ben ao fondo para que de camiño collamos outras cousas, ese poñer o que ten máis marxe de beneficio nos lugares máis visibles... A publicidade é un mundo do máis curioso. Baixo un aspecto sinxelo, ocúltase toda unha maraña de estratexias e psicoloxías, cada vez máis sofisticadas, encamiñadas a levarnos ao horto.

A estratexia deste anuncio é de libro. Chámanlle Emotional Branding. A idea consiste en lograr conectar ás persoas coa marca. E o camiño para iso non é vendernos as bondades do produto, non, senón tocarnos as emocións a través dunha historia chula coa que nos sintamos identificados. Seguro que mentres ledes isto algúns estaredes pensando, por exemplo, nos anuncios de Gadis. E si, tedes razón! En ambos casos, cóntasenos unha historia que nos resulta cercana e familiar, que nos parece moi nosa, e que enriba nos fai rir! Gústanos porque conecta con nós. E así, entre risas, sen apenas darnos conta, asociámonos con esa marca, porque nos gusta o que transmite.

Fixádevos aquí no escenario! Quen non estivo nunha festa así? Ese mantel a raias, ese sofá cheo de porcalladas, mesmo ese amigo con gafas... E sobre toda esa ilusión de verse ante un par de regalos por abrir. Ti ves a escena e es capaz de verte nela, e ata de sentir nostalxia dos tempos que se foron. É nese ambiente "coñecido" no que de repente nos amosan esa reacción absolutamente orixinal e divertida, para transmitirnos a idea de que son as cousas sinxelas e auténticas as que nos fan felices. Coma un simple pau. Ou mira ti por onde, como o que se anuncia: unha limonada!

A idea está tan pensada que mesmo hai unha web na que ver e gañar o pau!


Pero un momento... Só teñen preparado o do pau? 
Noooon! Hai máis xoguetes, cada un co seu anuncio!
Clic nas imaxes!

Por exemplo, tamén está (encántame) "La caja":


E desde logo, non podía faltar o xoguete de urxencia "La piedra":


Cantas veces falamos da importancia de ser creativos? As marcas buscan persoas creativas porque o que queren é destacar, ser singulares, amosarse orixinais, diferentes e cercanos ás persoas. De aí ese novo interese por humanizar os anuncios... E por sacarnos un sorriso. Obviamente sabemos que teñen un fin comercial, pero... que queredes que vos diga? Coas risas que un se bota con este rapaz, o que penso é que oxalá todos foran así!

Lembrade. Cando vos toque gañarvos a un público:
 Creatividade, e a polas emocións!

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. victoria14/9/13

    A verdade é que os anuncios son moi bos. Faime gracia que agora meu sobriño quere regalar paus aos amigos, de feito soe levalos para casa do parque, a él parécelle que o cativo ten moita razón, por fin o mundo dase de conta do que molan os paus, jajaja

    ResponderEliminar
  2. Jajaja. "Por fin o mundo dase conta do que molan os paus". Un rapaz intelixente.

    Iso si, aínda que os paus molen, o de envolvelos en papel de regalo, igual non é moi boa idea... :)

    https://www.youtube.com/watch?v=5trpYqZFaIk

    ResponderEliminar
  3. Silvia23/9/13

    Ese anuncio lembrareino moito tempo, e o grazoso é que tiven que velo varias veces para saber qué era o que anunciaba...Penso que acertaron tanto co anuncio que a xente céntrase máis no rapaz co pau ca no que queren vender! xD
    Un abrazo Miguel! :)

    ResponderEliminar
  4. É que o rapaz faino tan ben que o resto do anuncio queda totalmente nun segundo plano. A min gústame tamén moito o anuncio da caixa. Recórdame aos meus gatos cando deixo unha caixa aberta no chan: están desexando conquistala e convertela no seu castelo! :)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK