Saltar ao contido principal

A historia de Erika

Una mujer que estaba sentada a nuestro lado se presentó a sí misma como Erika. Nos preguntó si estábamos de viaje (...). Observé que llevaba al cuello una cadena de oro con una Estrella de David, así que le comenté que, después de estar en Israel, habíamos pasado por Austria donde visitamos el campo de concentración de Mauthausen. Erika nos dijo que en una ocasión había llegado hasta las mismas puertas [del campo de concentración] de Dachau, pero que no había sido capaz de entrar. 
Entonces nos contó su historia...  
"En su camino hacia la muerte, mi madre me lanzó a la vida"
.

Este é un deses libros que un soña descubrir no enorme faiado dunha casa vella, onde, moitas veces, os momentos máis decisivos e insospeitados das vidas das persoas sobreviven aínda agochados como tesouros. Este, sería un tesouro dos grandes. Deses que sorprenden por fóra, e dalgunha maneira québrante por dentro. Porque a de Erika é unha historia real e dura, nacida dun horror que non vivimos, e que en cambio nos estremece: a terrible decisión dunha nai para salvar ao seu bebé do holocausto nazi.

Por fóra, unha pequena obra de arte: lombos de tela, a fría ilustración dun tren nazi percorrendo as tapas e, por último, un detalle distintivo e nada habitual: unha estrela de David troquelada na portada, completamente extraíble. Quizais pensada para soster nas mans durante a lectura. Por dentro, apenas un conto (real, tráxico) emerxe entre enormes ilustracións, fotograma a fotograma, a base de grises, con algo de cor alí onde sobrevive un sentimento de esperanza. Se un día o atopades nunha biblioteca ou unha libraría, atrevédevos a abrilo. Pero se vos tenta e non vos apetece agardar máis para coñecelo...

Se fas Clic AQUÍ podes ver e escoitar a historia de Erika como o que é:
un conto real, duro e que non podemos esquecer.

Comentarios

  1. Conmovedora e dura esta historia, e cantas das que nin se coñecen... Vergoña allea me dan os bárbaros dos que falamos hoxe ao acabar a clase, lamentable que ca información que hai, todavía haxa xente con ese tipo de ideais. Moi boa a entrada!

    ResponderEliminar
  2. E ben contada (seica Giovana é unha gran contadora de historias) sería máis conmovedora aínda.

    Pois si. Eu tamén sinto vergoña, Diego... Supoño que cada un elixe a información que quere ver ou coa que se quere identificar. E está xenial que sexa así, que as persoas poidan elixir. O triste é que algúns usen ese dereito (elixir libremente) precisamente para deixar de telo...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d