Unha vez fixen, só e en bicicleta, a viaxe máis orixinal da miña vida. Foron 840 quilómetros pedaleando sobre o trazado dunha antiga vía romana (de Mérida a Astorga), e dun camiño medieval, o que levaba desta cidade ata a catedral de Compostela. Sen fe, só por curiosidade e ganas de vivir, crucei case toda a península de sur a norte.
Daqueles 8 días lembro a ilusión de quen emprende algo grande, os madrugóns para pedalear á sombra, a marabilla de moverse por todo un país sen máis enerxía ca do corpo, o solitario rumor da bici ao rodar sobre a grava, o paso apresurado a carón dos touros (soltos!), a fame de león ao chegar a noite, os lugares novos e as persoas que atopei, a soidade dos albergues no sur, as subidas, as baixadas, os oito quilos perdidos, as festas en Salamanca, os cans que me perseguiron ata quedar cun cacho das alforxas, o tránsito da árida meseta ao verde do norte, as frechas amarelas, a longa subida ao Cebreiro, o olor a Galicia, e tamén, claro, xa imaxinades, o sorriso ao chegar ao Obradoiro... incluso pinchado.

Lembreime moito desta pequena viaxe en bici, grazas a Javier. Javier é un fotógrafo de 28 anos cun proxecto moi claro: dar a volta ao mundo en bicicleta. O seu obxectivo é retratar a vida, os problemas e as necesidades das persoas que vai atopando polo camiño.
Un proxecto orixinal e moi-moi valente, que el chama
Na última viaxe Javier atravesou toda Asia e Europa en bici! Indonesia, Tailandia, Camboya, Vietnam, Laos, China, Tibet, Nepal, Paquistán,... e así 38.000 quilómetros por países e culturas diferentes ata chegar a Madrid. Na súa web é posible seguir as crónicas dunha viaxe na que cada día é un auténtico reto: camiños que desaparecen entre a selva, terreos minados, monzóns,... (un exemplo AQUÍ). Todo ilustrado cunha fotos impresionantes, que falan por si soas, e que nos fan sentir, xunto ao seu relato, coma se tamén nós estivésemos pedaleando polo mundo. Libres, pero comprometidos.
Facendo clic AQUÍ,
podedes ver en só 3 minutos de vídeo, 3 anos de viaxe.
Non me digades que non dan ganas de coller a bici!
:-) Só ver o teu sorriso, coa túa bici entrando na praza da Quintana e vendo tamén os sorrisos de Javier no vídeo... xa decides, transmitides todo o que vos aportou a viaxe pedaleando, toda unha experiencia, sen dúbida!
ResponderEliminarBueno, tamén houbo algo de sufrimento! Pero a bici, non sei se é porque a enlazamos coa infancia, ou porque é divertida, ou porque dá liberdade... sempre che regala motivos para sorrir.
ResponderEliminarNo caso de Javier, a satisfacción ten que ser brutal. Non hai moitas persoas que se propoñan (e o fagan!) cruzar en bicicleta o continente máis grande do planeta... E menos aínda que o fagan coa preocupación por retratar a vida das persoas.