Saltar ao contido principal

Bicicleting

Unha vez fixen, só e en bicicleta, a viaxe máis orixinal da miña vida. Foron 840 quilómetros pedaleando sobre o trazado dunha antiga vía romana (de Mérida a Astorga), e dun camiño medieval, o que levaba desta cidade ata a catedral de Compostela. Sen fe, só por curiosidade e ganas de vivir, crucei case toda a península de sur a norte.


Daqueles 8 días lembro a ilusión de quen emprende algo grande, os madrugóns para pedalear á sombra, a marabilla de moverse por todo un país sen máis enerxía ca do corpo, o solitario rumor da bici ao rodar sobre a grava, o paso apresurado a carón dos touros (soltos!), a fame de león ao chegar a noite, os lugares novos e as persoas que atopei, a soidade dos albergues no sur, as subidas, as baixadas, os oito quilos perdidos, as festas en Salamanca, os cans que me perseguiron ata quedar cun cacho das alforxas, o tránsito da árida meseta ao verde do norte, as frechas amarelas, a longa subida ao Cebreiro, o olor a Galicia, e tamén, claro, xa imaxinades, o sorriso ao chegar ao Obradoiro... incluso pinchado.


Lembreime moito desta pequena viaxe en bici, grazas a Javier. Javier é un fotógrafo de 28 anos cun proxecto moi claro: dar a volta ao mundo en bicicleta. O seu obxectivo é retratar a vida, os problemas e as necesidades das persoas que vai atopando polo camiño.

Un proxecto orixinal e moi-moi valente, que el chama




Na última viaxe Javier atravesou toda Asia e Europa en bici! Indonesia, Tailandia, Camboya, Vietnam, Laos, China, Tibet, Nepal, Paquistán,... e así 38.000 quilómetros por países e culturas diferentes ata chegar a Madrid. Na súa web é posible seguir as crónicas dunha viaxe na que cada día é un auténtico reto: camiños que desaparecen entre a selva, terreos minados, monzóns,... (un exemplo AQUÍ). Todo ilustrado cunha fotos impresionantes, que falan por si soas, e que nos fan sentir, xunto ao seu relato, coma se tamén nós estivésemos pedaleando polo mundo. Libres, pero comprometidos.

Facendo clic AQUÍ
podedes ver en só 3 minutos de vídeo, 3 anos de viaxe.

Non me digades que non dan ganas de coller a bici!

Comentarios

  1. Sandra9/8/13

    :-) Só ver o teu sorriso, coa túa bici entrando na praza da Quintana e vendo tamén os sorrisos de Javier no vídeo... xa decides, transmitides todo o que vos aportou a viaxe pedaleando, toda unha experiencia, sen dúbida!

    ResponderEliminar
  2. Bueno, tamén houbo algo de sufrimento! Pero a bici, non sei se é porque a enlazamos coa infancia, ou porque é divertida, ou porque dá liberdade... sempre che regala motivos para sorrir.

    No caso de Javier, a satisfacción ten que ser brutal. Non hai moitas persoas que se propoñan (e o fagan!) cruzar en bicicleta o continente máis grande do planeta... E menos aínda que o fagan coa preocupación por retratar a vida das persoas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d