Gustoume unha historia que coñecín estes días pola prensa.
Sucedeu nas Maldivas, esas illas tropicais e paradisíacas ao Sur da India. Practicando submarinismo, un home atopou nos fondos mariños a cámara dixital que vedes. Despois de tres meses na auga, a cámara presentaba óxido e non funcionaba, pero a súa tarxeta de memoria si. Nela había máis de 500 fotos tomadas por unha parella que visitara as illas tan só tres meses antes. Que faríades vós?
Supoño que o submarinista pensou que aquelas fotos non lle pertencían, que a cámara perdérase por accidente, e que os seus donos poderían levar unha alegría ao recuperala. Así que decidiu subir unha das fotos da parella ao seu perfil de Facebook, e acompañouna con esta chamativa mensaxe: "Atopada unha cámara Olympus nas Maldivas! Alguén os coñece?". Bastaron unhas horas. A mensaxe foi compartida 20.000 veces ata chegar ao entorno da parella, que recuperou así, da maneira máis insospeitada, a memoria fotográfica da súa lúa de mel. Nada menos!

Coñeces a teoría de Os seis grados de separación? Demostra que entre dúas persoas calquera do planeta so hai unha cadea de coñecidos de cinco persoas (seis enlaces)!
ResponderEliminarXa estabamos conectados antes de FB!
Eu quedárame niso de "El mundo es un pañuelo... y está lleno de mocos"...
ResponderEliminarPero gústame a "Teoría dos seis graos"! E mirade que historia tan boa... Este ano, un belga empregou esta teoría para atopar traballo en Barcelona! Creou só 3 tarxetas persoais de visita, que pasou a 3 amigos diferentes; éstes, á súa vez, ían pasándoa a outros, e así sucesivamente, ata que chegase ás mans dalguén interesado en contratar á persoa anunciada na tarxeta. Só fixeron falta 4 contactos! A idea era tan orixinal, que o departamento de Marketing de Seat quixo contratalo ao momento.
Déixovos un vídeo que recolle a noticia:
http://www.elviajedemitarjeta.com/post/43336664368/telecinco