"Yo he muerto". Así empeza este momumento de peli. Con Seita, un rapaz de 14 anos agonizando no chan dunha estación de tren. Arredor del hai moita xente, pero poucas persoas. Ninguén axuda. Benvidos á destrución, á indiferencia e ao inhumano. Benvidos ao cine de animación sen princesas.
Seita ten unha irmá á que adora, Setsuko, unha nena de só 5 anos. Pero a ambos tocoulles vivir nun Xapón masacrado desde o aire por avións inimigos, o de 1945. Unha mañá, durante un bombardeo, non logran chegar ao refuxio no que os agarda súa nai... Cando os avións se afasten, a vida xa non será a mesma para eles. Traxedia, indiferencia, desprezos... Ambos nos amosarán a máis dramática das loitas posibles: a loita por vivir coma un neno, nun mundo no que os nenos non importan a ninguén.
Agarrádevos ao asento... Porque non será unha viaxe fácil.
Preparados para un Anime sen princesas?
Impresionante anime, si señor! Ainda que persoalmente me quedo cos de Hayao Miyazaki (sobre todo con El Viaje de Chihiro).
ResponderEliminarEu sonche aínda un inculto nisto do Anime, Antón. De Hayao Miyazaki o único que vin foi a magnífica e entrañable "Mi vecino Totoro", da que aprendín que "hai que reír para espantar os fantasmas"... e que un gato podería ser un magnífico transporte!
ResponderEliminarCreo que el tamén estivo detrás da serie Sherlock Holmes, que me tragaba íntegra cando era pequeno e a botaban pola tele. Daquela época teño gravada as risadas do profesor Moriarty: "JaJeJiJoJu!".
Tamén falan moi ben de "Nausicaa del Valle del Viento"...
Nestes días anótome a esa viaxe con Chihiro!
Ás arriba mencionadas do mestre Miyazaki, sumade as tamén excelentes: Porco Rosso (a ti xustamente esa encantariache, Miguel), ou a Princesa Mononoke.
ResponderEliminarPero La Tumba de las Luciernagas, ben merece esta entrada do teu blog e mil mais.
Unha película de 1988, que descubrín por casualidade sete ou oito anos mais tarde nun Mediamarkt de Salamanca e da que me apresurei a tomar gozosa posesión, abalanzándome na estantería.
Dende o punto de vista da animación, e preciosa, bonita, artesanal (un encaixe de Camariñas feito debuxo!), pero a historia chega e traspasa o corazón sen miramentos dende os primeiros quince minutos. Imposible non empatizar con ese cariño e tenrura que Seita sinte pola sua irmá, e non rir (pouco)e sufrir (moito)acompañándoos na sua viaxe.
Non me avergoña reconocer que chorei con eles cando a vin por primeira vez con vinte anos, é dende logo que non podería evitar as bágoas agora con trinta e oito.
Existe unha adaptación de 2008 díficil de atopar que ainda non vin, ten boas críticas pero quizais sexa un pouco prescindible despois de disfrutar/sufrir coa orixinal.
http://www.filmaffinity.com/es/film815855.html
Saudos
Ben, pois coas achegas de Antón e Xurxo, xa temos cinco títulos de pelis do mellor Anime sobre a mesa! Non me digades agora que non sabedes que peli ver!
ResponderEliminarEu, coma ti Xurxo, tampouco me atrevo a ver a adaptación de "La tumba de las luciérnagas" con actores físicos. A orixinal deixoume tan cheo de emoción e narrou tan ben a historia, que non preciso máis. Sen menosprezar aos actores físicos, que se cadra fan un traballo grandioso, eu sei que botaría de menos a inigualable mirada de Setsuko.