Saltar ao contido principal

La tumba de las luciérnagas

"Yo he muerto". Así empeza este momumento de peli. Con Seita, un rapaz de 14 anos agonizando no chan dunha estación de tren. Arredor del hai moita xente, pero poucas persoas. Ninguén axuda. Benvidos á destrución, á indiferencia e ao inhumano. Benvidos ao cine de animación sen princesas.


Seita ten unha irmá á que adora, Setsuko, unha nena de só 5 anos. Pero a ambos tocoulles vivir nun Xapón masacrado desde o aire por avións inimigos, o de 1945. Unha mañá, durante un bombardeo, non logran chegar ao refuxio no que os agarda súa nai... Cando os avións se afasten, a vida xa non será a mesma para eles. Traxedia, indiferencia, desprezos... Ambos nos amosarán a máis dramática das loitas posibles: a loita por vivir coma un neno, nun mundo no que os nenos non importan a ninguén.

Agarrádevos ao asento... Porque non será unha viaxe fácil.
Preparados para un Anime sen princesas?

Comentarios

  1. Antón13/7/13

    Impresionante anime, si señor! Ainda que persoalmente me quedo cos de Hayao Miyazaki (sobre todo con El Viaje de Chihiro).

    ResponderEliminar
  2. Eu sonche aínda un inculto nisto do Anime, Antón. De Hayao Miyazaki o único que vin foi a magnífica e entrañable "Mi vecino Totoro", da que aprendín que "hai que reír para espantar os fantasmas"... e que un gato podería ser un magnífico transporte!

    Creo que el tamén estivo detrás da serie Sherlock Holmes, que me tragaba íntegra cando era pequeno e a botaban pola tele. Daquela época teño gravada as risadas do profesor Moriarty: "JaJeJiJoJu!".

    Tamén falan moi ben de "Nausicaa del Valle del Viento"...

    Nestes días anótome a esa viaxe con Chihiro!

    ResponderEliminar
  3. Xurxo15/7/13

    Ás arriba mencionadas do mestre Miyazaki, sumade as tamén excelentes: Porco Rosso (a ti xustamente esa encantariache, Miguel), ou a Princesa Mononoke.

    Pero La Tumba de las Luciernagas, ben merece esta entrada do teu blog e mil mais.
    Unha película de 1988, que descubrín por casualidade sete ou oito anos mais tarde nun Mediamarkt de Salamanca e da que me apresurei a tomar gozosa posesión, abalanzándome na estantería.
    Dende o punto de vista da animación, e preciosa, bonita, artesanal (un encaixe de Camariñas feito debuxo!), pero a historia chega e traspasa o corazón sen miramentos dende os primeiros quince minutos. Imposible non empatizar con ese cariño e tenrura que Seita sinte pola sua irmá, e non rir (pouco)e sufrir (moito)acompañándoos na sua viaxe.
    Non me avergoña reconocer que chorei con eles cando a vin por primeira vez con vinte anos, é dende logo que non podería evitar as bágoas agora con trinta e oito.
    Existe unha adaptación de 2008 díficil de atopar que ainda non vin, ten boas críticas pero quizais sexa un pouco prescindible despois de disfrutar/sufrir coa orixinal.
    http://www.filmaffinity.com/es/film815855.html

    Saudos

    ResponderEliminar
  4. Ben, pois coas achegas de Antón e Xurxo, xa temos cinco títulos de pelis do mellor Anime sobre a mesa! Non me digades agora que non sabedes que peli ver!

    Eu, coma ti Xurxo, tampouco me atrevo a ver a adaptación de "La tumba de las luciérnagas" con actores físicos. A orixinal deixoume tan cheo de emoción e narrou tan ben a historia, que non preciso máis. Sen menosprezar aos actores físicos, que se cadra fan un traballo grandioso, eu sei que botaría de menos a inigualable mirada de Setsuko.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!