03/06/13

Son animais

03/06/13

Encántame este pequeno. Gústame como vai preguntando e razoando en voz alta, con total naturalidade. Poñendo en cuestión, coa lóxica implacable dos nenos, a forma de ver e facer dos adultos con respecto aos animais. Gústame o amor co que lle fala súa nai, a paciencia que esta amosa ao escoitalo, e incluso as mentiras piadosas coas que lle responde... Pero o que máis me gusta de todo, é o modo sinxelo co que el logra conmovela, ata que por fin se dá conta de que acaba de dicir algo lindo... 


Levaba moito tempo dando voltas á posibilidade de ensinarvos un estremecedor documental sobre a industria cárnica, no que se denuncia con pelos e sinais o trato infame, vergoñento e brutal que reciben os animais que nos levamos ao prato. Vin nel imaxes que me repugnan, e de feito apenas logrei pasar do primeiro minuto. Hoxe sei que nunca o veremos aquí. Para que? Se un neno intelixente e sensible pode explicalo así de claro...


Sorte, pequeno...
Na vida, e na loita por facernos mellores.

Recibe os contidos no teu correo

5 comentarios

  1. Xurxo4/6/13

    Comparto a tua empatia e a emoción da nai.
    Un reconciliase coa raza human o ver ou escoitar exemplos así. :-)

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo, Xurxo!
    Proba a ver o vídeo nun día ou momento malo... cámbiache a cara!

    ResponderEliminar
  3. Sandra5/6/13

    Lindo pequeno, lindo o que di, lindo como razoa. Emocioneime coma a súa nai, que ten que estar máis que orgullosa de ter este fillo que con tan poucos anos demostra respeto, sensibilidade e agarimo aos animais. Como di: " os animais hai que coidalos, non comelos" e " eu non quero que morran , quero velos de pé, feliz". Este pequeno, a min tamén me tocou o corazón.

    ResponderEliminar
  4. marisa7/6/13

    Pois sí...escoitei e vin este vídeo mais de unha vez porque me emociona que un neno tan pequeno teña eses sentimentos hacia os animais, ¡cantos adultos teríamos que aprender de él!Incluso eu que xa como pouca carne tou pensando en deixar de facelo porque se realmente o penso non me quedan gañas. ¡¡¡Grande este pequeno!!!

    ResponderEliminar
  5. Seguramente todos os nenos pensan así... ata que a cultura na que medramos nos aparta desa forma de pensar.

    Pero o mérito deste neno está no modo natural e inocente de desarmarnos e sinalarnos con toda dureza. "Que estades facendo?" "Por que?" "Como podedes?" "É que non vos dades conta?"...

    E nos conmove... porque sabemos que leva razón. Sabemos.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK