É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú. E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...
O vídeo é bastante efectista, coa música de fondo é suficiente para pensalo, pero dice as cousas moi claras e tal e como as penso eu. Quere é poder, e se queremos algo non nos podemos quedar parados, porque todo se pode conseguir con esforzo e voluntade, con ganas e enerxía, rendirnos é o peor que podemos facer, ou iso é o que me digo a min misma. Dice unha frase que me encanta en grego: as cousas fermosas son difíciles. Difíciles de conseguir, se entende, pero sempre merecen a pena porque a recompensa é así, fermosa.
ResponderEliminar"As cousas fermosas son difíciles"... E seguramente é esa dificultade a que as fai máis fermosas.
ResponderEliminarUn vídeo directo, que dice as cousas como son. Moitas veces vemos na tele, en películas, como xente consegue unha cousa dun día para outro, e ti non o logras facer entón xa pensas que non das. Pero non é así, levará máis tempo pero con esforzo e ilusión todo se pode conseguir, e se non é así polo menos poderemos decir que loitamos por conseguilo.
ResponderEliminarA min paréceme que a vida é un pouco como o que sucede no deporte. A derrota está permitida (e de feito, perderemos moitas veces); o que non está permitido é non esforzarse. Estou plenamente convencido de que, conforme pasa a vida, as cousas que máis valoramos son precisamente aquelas que conseguimos co noso esforzo.
ResponderEliminarA foto de Nadal gústame especialmente para empregar aquí. Como ti dis Nerea, os seus éxitos non son cousa de dous días, senón de traballar e traballar e traballar desde que era pequeno. So el sabe canto tivo que sacrificar para chegar a algo tan grande. Ese é o único segredo: esforzarse por mellorar; e facer do noso traballo a nosa paixón. Logo, todo chega. Seguro.