22/06/13

Gañadores do Concurso Cine Historia: Giovanna e Amélie, Cristian e Will

22/06/13

Non foi un, senón dous, os GAÑADORES do I CONCURSO CINE HISTORIA:
 Giovanna (Wilson) e Cristian (Green Dreamer).
Parabéns polo premio! 
E pola vosa elección... Máis acertada, imposible!.



A ti, Giovanna (Wilson), que elixiches quedar con Amélie
deséxoche que esta te anime a cultivar sempre o gusto polos pequenos praceres:

"hundir la mano en un saco de legumbres,
partir el caramelo quemado de la crema catalana con una cucharilla,
hacer rebotar las piedras en el canal Saint Martin,
verle la cara en la oscuridad del cine a la gente,
o tratar de adivinar cuántas personas hacen algo en un determinado momento"

Que che lembre unha necesidade que ás veces, na voráxine da vida, esquecemos: 
a de buscar, ti mesma, a túa propia felicidade. 

E que a súa música chova sobre ti, ata quedar a vivir contigo para sempre.



A ti, Cristian (Green Dreamer), que elixiches ao Indomable Will Hunting,
 deséxoche que compartades o enorme talento e intelixencia que ambos tendes... 
Que sempre a empregues para elixir ser "una persona de verdad".
E que a conversa diante dun lago, che axude a desterrar eses medos que ás veces nos deteñen.

"Tú mueves, chaval"

Sabedes unha cousa? Amo esas pelis. 
Pero non doe deixalas voar, cando sabes o moito que sumarán na vida de quen as levan.
Disfrutádeas!

Recibe os contidos no teu correo

2 comentarios

  1. Giovanna22/6/13

    Oh muchas gracias por la entrada Miguel, me encanta. Aún no tuve tiempo de verla pero leyendo esto las ganas aumentan, y en cuanto la vea tendrá también su merecida crítica. Estoy segura de que va a ser una película que atraviesa la pantalla!

    ResponderEliminar
  2. Non te preocupes, Giovanna.
    Amélie chamará por ti... :)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK