No día das Letras gústame pasar do discurso oficial, e buscar a miña propia e persoal homenaxe ao Galego. Esta mañá, non sei por que motivo, lembreime de todas as cancións que nos gustaba cantar cando eramos pequenos e as nosas tardes se nutrían de bocatas zampados cos debuxos da Galega. Canto ben lle fixo ao galego, ser falado por algúns personaxes animados!
É difícil escoller unha soa canción, e botaredes en falta outras (cales?), pero...
A que ides sorrir ao escoitalas?
A que ides sorrir ao escoitalas?
Clic nos subliñados e... Feliz día das Letras!
si señor, a min songuku en castelán non me gusta, é como se non fosen os mesmos debuxos
ResponderEliminarquedome co ENDING de songoku....aquel que dicía....TODO É MOI FABULOSO,MISTERIOSO E SOÑADOR E QUERO IR CONTIGO NESTA VIAXE EXTRAÑA E MOI LONXANA.....DEBES VIVIR BEN ESPERTO,NON MIRAR NUNCA ATRÁS, SO ASÍ LOITANDO...PODERÁS TRIUNFAR....etc etc etc......
ResponderEliminarVITO: Tes razón. Non son os mesmos!
ResponderEliminarA dobraxe ao galego é mítica:
-"Es un pinpín, Son Goku".
-"Voute esnaquizar, verme noxento", etc.
Por non falar de ver "Pulp Fiction" na TVG... Insuperable.
Aquí a tes, CHICHIÑO. A túa canción de Son GoKu... Esta cantámola xuntos, cando volvamos xuntarnos todos. A berro pelado... como está mandado:
http://www.youtube.com/watch?v=-wApvWrMPhU
Penso o mesmo ca Vito, pero tamén con respecto a Sinchan, escoitásteis a canción en castelán, non ten punto de comparación coa galega, ó igual cos debuxos, quédome cos galegos! Máis graciosos e incluso máis doces.
ResponderEliminarviva xabarín club!! que gran programa!
ResponderEliminarCagooooo en todo! Falta Gatocan
ResponderEliminarOiches meu!, pois ademais do artigo novo que fagas, poderías rescatar este, porque está moi ben.
ResponderEliminarAaahhhh, é tamén Marsupilami
ResponderEliminarAiiii como se notan os anos! O gatocán cólleme un pouco medrado xa, pero... o marsupilami mátame de vello!
ResponderEliminarTes razón Telmo. Non hai nada como os debuxos que vimos de nenos para recuperar as mellores sensacións da infancia. Acepto a túa proposta e pasadomañá fago unha segunda versión para celebrar o día das Letras.
Desde xa, recóllense propostas!
"A aventura comeza, vámola buscar, buscar, buscar, buscar...!"
jajajajajaja. Sí, nótase a diferenza, aínda así Bolas de Dragón é a mítica serie que todo neno viu na súa infancia (Polo menos dende fai 35 anos), porque me dixo a miña veciña que o vía cando era pequena e agora xa ten dous fillos.
ResponderEliminar