Saltar ao contido principal

Que ten o cine? Un exemplo

Emoción, complicidade, soños, reglas, azar, enfados, esperanza, amor, resistencia, cansanzo, vida. Aquí, coma no Risk, está todo. Esta é unha das películas, e unha das secuencias máis fermosas que vin. Quizais polo que ten de relación coa vida. Ou porque coñezo esa paisaxe (e vós tamén). Ou simplemente porque me fai sorrir ao vela. Cantas emocións é capaz de alimentar un simple taboleiro.

Clic na imaxe para ver a secuencia!

Aí está todo. Está o xogo que coñecedes, nunha versión algo antiga, eso si. Está a ilusión do neno que por primeira vez sábese gañador da guerra e amo do mundo. Está a calma do pai, que vive con resignada paciencia a inminente derrota. Ou a tenrura da nai, que o daría todo por poder levar ao fillo á vitoria sen que el se percatase.  Está o orgullo persoal de querer aprender só, de non aceptar axudas. E por suposto está o azar, que moitas veces decide por nós as vitorias e as derrotas. 

A película chámase Kamchatka, e nunha ocasión xa falamos dela AQUÍ.
Se sentides que vos chama, mirádea. Non vos arrepentiredes. Palabra.

Comentarios

  1. Se tivese tempo estas vacacións aínda a miraba, pero mañán toca volver á rutina, a ver se saco algo de tempo, non ten mala pinta.

    ResponderEliminar
  2. A min pásame o mesmo: hai máis películas interesantes que tempo libre para velas. Para poñer un pouco de orde nese desastre, vou anotando os títulos que atopo ou que me van suxerindo. Así, cando teño tempo para ver unha peli, teño a certeza de que vou gastalo ben, vendo unha que de verdade mereza a pena.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!