Emoción, complicidade, soños, reglas, azar, enfados, esperanza, amor, resistencia, cansanzo, vida. Aquí, coma no Risk, está todo. Esta é unha das películas, e unha das secuencias máis fermosas que vin. Quizais polo que ten de relación coa vida. Ou porque coñezo esa paisaxe (e vós tamén). Ou simplemente porque me fai sorrir ao vela. Cantas emocións é capaz de alimentar un simple taboleiro.
Aí está todo. Está o xogo que coñecedes, nunha versión algo antiga, eso si. Está a ilusión do neno que por primeira vez sábese gañador da guerra e amo do mundo. Está a calma do pai, que vive con resignada paciencia a inminente derrota. Ou a tenrura da nai, que o daría todo por poder levar ao fillo á vitoria sen que el se percatase. Está o orgullo persoal de querer aprender só, de non aceptar axudas. E por suposto está o azar, que moitas veces decide por nós as vitorias e as derrotas.
Clic na imaxe para ver a secuencia!
A película chámase Kamchatka, e nunha ocasión xa falamos dela AQUÍ.
Se sentides que vos chama, mirádea. Non vos arrepentiredes. Palabra.
Se tivese tempo estas vacacións aínda a miraba, pero mañán toca volver á rutina, a ver se saco algo de tempo, non ten mala pinta.
ResponderEliminarA min pásame o mesmo: hai máis películas interesantes que tempo libre para velas. Para poñer un pouco de orde nese desastre, vou anotando os títulos que atopo ou que me van suxerindo. Así, cando teño tempo para ver unha peli, teño a certeza de que vou gastalo ben, vendo unha que de verdade mereza a pena.
ResponderEliminar