03/04/13

Quen son aquí os "animais"?

03/04/13

A canga ou traba é un pau de máis de medio metro que se prende a unha pata, para que os cabalos que se deixan no monte non poidan trotar nin moverse libremente. É tradición que vén de antigo, pero non todas as tradicións nos fan mellores nin merecen pervivir. Algunhas convértenos nun país de cafres e analfabetos. E esta é unha delas... Quen son aquí os "animais"? Clic na imaxe, para ver vídeo.



Se vemos algo así, debemos denuncialo chamando ao SEPRONA da Garda Civil, pois esta é unha forma de maltrato animal, prohibida e perseguida. Pero se vos parece importante unirvos desde xa a esta loita, todos podemos sumarnos, asinando AQUÍ

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. Sandra5/4/13

    Hai "tradicións" que deberían estar erradicadas fai moito tempo ou mellor dito que nunca deberon existir. Alégrome de que por fin, se faga algo para acabar con esta barbaridade e con este maltrato animal. A ver se vamos entendendo que os animais sufren e sinten coma nós e que merecen ser tratados con respeto, dignidade e agarimo. Parece ser que en Lugo, nestes días xa multaron a varia xente e liberaron a varios cabalos desta tortura. Eu vou asinar agora mesmo para loitar e axudar a que esta situación se solucione canto antes.

    ResponderEliminar
  2. marisa7/4/13

    Sí, eu tamén sinto moita ledicia de que por fin algo se esté movendo en relación con estes feitos, eu tamén asinei e espero que o faga moita mais xente a ver se entre todos logramos erradicar de unha vez por todas estas torturas, tamén son das que penso que tiñan que estar os donos uns cantos días con eses cepos nos seus pés a ver se así se daban conta do dano que fan, e éste podo decir que é un dos pensamentos mais suaves que teño.

    ResponderEliminar
  3. Carafio, que guerreiras! Dábades unha boa tripulación para o "Rainbow Warrior"!

    ResponderEliminar
  4. Conseguido!
    Máis de 40.000 sinaturas serviron para apoiar esta semana no Parlamento de Galicia unha proposta de medidas urxentes contra o maltrato aos cabalos. O parlamento votou a favor. Un exemplo de que a cidadanía, se quere, pode gobernar de verdade.

    Que enormes e imparables dunas se poden erguer arrimando un simple grao de area... Se puxeches o teu... Noraboa!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK