Hai unha inmensa illa de plástico, do tamaño de Estados Unidos, xirando no medio do océano Pacífico, incansable, ao compás das correntes. Os científicos chámana Sopa de Plástico, polo difícil de vela incluso con satélites, ao estar formada por billóns de cachiños de apenas 4 milímetros.
Pero o que si se ve son as terribles consecuencias: nos mares, na costa e en toda a cadea alimentaria. Especialmente preto da enorme Sopa. Por cada medio quilo de plancton, do que se alimentan miles de especies mariñas, atópanse tres! de plástico. O vídeo, rodado nas illas Midway, entre América e Asia, é espeluznante. Tan preocupante e revelador como navegar un rato pola web El plástico mata.
Segundo a ONU, máis dun millón de aves mariñas e cen mil mamíferos morren cada ano ao confundir as partículas de plástico co seu alimento habitual. Tamén o 40% dos poliños de albatros das illas Midway. Todo ese plástico nunca se desintegra. Xa estamos coméndoo... e non merecemos outra cousa.
Horrible. Unhas imaxes moi duras pero que todos debemos coñecer. Soño con que algún día todo o mundo coide e respete a natureza, os animais. Sei que somos moitos os que loitamos e desexamos esto, así que ogallá este soño se vexa máis cedo que tarde cumprido.
ResponderEliminarTeño poucas esperanzas...
ResponderEliminarPero seguramente se conseguirá cando nós mesmo esteamos coma eses albatros, co estómago cheo do plástico que xa estamos empezando a inxerir na carne dos peixes que nos comemos.
Estase intentando recadar fondos para construír barcos que poidan limpar a Sopa de Plástico do Pacífico. Pero... aínda que funcione, o problema non está alí. O problema está en nós.
Cantos envases de plástico tirasteis ao "lixo" hoxe?
muchas gracias por esta informacio :)
Eliminar