As fotografías aparecen hoxe en La Voz de Galicia. Semella un tornado, pero chámase Manga ou Tromba de auga, e, aínda que perigosos, son menos violentos. Fórmanse con frecuencia no mar, sempre baixo nubes con forma de cúmulo, esas nubes algodonosas, de gran desenvolvemento vertical, e que por dentro son en realidade columnas de aire cálido e húmido que se elevan xirando en espiral. Os cúmulos traen choivas, tormentas, mal tempo, e de vez en cando trombas de auga como as de onte, que conectan a nube co que ten debaixo. Así se forman as impresionantes columnas das fotos.
Vin varios barcos de gran tonelaxe pasando onte por esa zona. Cando o mar está así, para un navío e a súa tripulación non hai saída. Ninguén pode deter un temporal, nin pedirlle ao mar que pare de moverse, nin baixarse do barco. En días así, incluso os faros parecen ter que navegar. Xa o di Telmo, o fareiro do marabilloso cómic "El Faro", de Paco Roca:
"El faro es el límite extremo de la tierra.
Y cuando las olas cubren con furia el espigón, es como estar navegando en él"
A verdade é que nunca pensamos que estes fenómenos metereolóxicos cheguen tan preto nosa, unhas fotos impresionantes e velo en directo tivo que selo máis. Nin que decir ten o vídeo dos faros...buff..parece mentira que aguanten as "embestidas" dese mar "embravecido".
ResponderEliminarE que te colla navegando nun veleiro xa nin falamos... Gustaríame telo visto... coa distancia adecuada.
ResponderEliminar