Coma todos, Johnny foi á guerra co símbolo da vitoria. Nunca máis volvería poder facer este xesto.
Brutal peli, na que a banda Metallica se inspirou para dar o mellor tema metal da Historia: One.
Cun clic no cartel, podedes escoitar e ver o potente videoclip, gravado con imaxes da película.
Cun clic no cartel, podedes escoitar e ver o potente videoclip, gravado con imaxes da película.
É curioso o por que do título. Na I Guerra Mundial había unha melodía que convidaba a un tal Johnny e a todos os mozos estadounidenses a poñerse patrióticos, coller as armas e marchar á fronte a defender a nación. O título desta película é xustamente unha resposta a iso. Dinos o que pasou con aquel mozo da canción... E pasou que, en efecto, Johnny colleu o seu fusil, despediuse dos seus, marchou á guerra... e volveu dela mutilado e impedido de por vida.
O argumento incomoda e agobia. Ferido pola explosión dunha bomba e encamado nun hospital, Johnny ve impotente como vai perdendo as pernas, os brazos, a vista, o oído, o olfato e o gusto. Reducido a un torso tapado por unha saba, todos os seus esforzos se centrarán en lograr comunicarse dalgún xeito cos médicos, para pedirlles que o maten, mentres chora por dentro, lembrando a súa historia. Que se parece moito a de todos eses mozos que mandaron a unha guerra allea, estúpida e cruel. A mesma que estudamos.
Dádelle unha oportunidade. Inesquecible. Diferente a Carreiros de Gloria... e tamén a War Horse!
Para impacientes, escoitar "One" a partir do minuto 4.
ResponderEliminarA verei (e a mirarei) esta fin de semana, so dicirche, que One merece ser escoitada desde o segundo 1, que se aguanten os impacientes!
ResponderEliminarJajaja. Di que si, Diegote! Non podo estar máis de acordo.
ResponderEliminarAcabo de ver que a peli está enteira e gratis en youtube, en varias partes. A parte 1 empeza aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=DnQBcF54m8c
Anímate (animádevos) a vela. Mellor co estómago baleiro!
Impresionante peli. Por certo, a canción que utiliza Metallica para comezar os seus concertos é da banda sonora da peli!
ResponderEliminarPois mira, iso non o sabía Antón! Nunca fun a un concerto de Metallica. Pero paréceme unha xenial forma de empezalos!
ResponderEliminarNegativo, non é por ir aqui de listillo, jaja, pero Metallica comeza os concertos con unha escena de ''El Bueno, el Feo y el Malo'' de Sergio Leone :) Pero uns dos videoclips de ''One'' sí que leva escenas da peli de Dalton Trumbo.
ResponderEliminarJajajaja... Listillo? :D
ResponderEliminarAgora que o dis, Duarte, si que é verdade que empezan coa mítica canción de "El bueno, el feo y el malo". E de mostra, un botón:
https://www.youtube.com/watch?v=YBF7azSOIZo
Que luxo de comentaristas!
Cando veñan a Galicia... imos, non?