Non todas as pelis se agarran á memoria. Esta si. E Clint Eastwood tamén (Trailer, aquí).
Quen lle ía dicir a Walt, descendente de polacos, veterano da guerra de Corea, obreiro xubilado da Ford, viúvo, dono dunha cadela labrador, rosmón, solitario, e inflexible... que o seu impecable Gran Torino do 72 o achegaría a todos eses AtonTaos, Jamones e Yogures que se foran instalando no seu barrio? Quen lle ía dicir que eses veciños orientais aos que tanto odiaba, tiñan en realidade máis cousas en común con el que a súa propia familia? Quen lle ía dicir que o seu Gran Torino serviría para abrir unha ventá na súa forma de ver e pensar o mundo que o rodea?

É a segunda vez que subo Gran Torino a Caronte. Fágoo porque Clint e a súa película o merecen. Esta é unha das mellores pelis sobre o racismo, os prexuízos e as migracións que se pode ver. Sobria, humana, emotiva, didáctica, aleccionadora sen necesidade de discursos nin panfletos. Cómica por momentos, aínda sendo un drama, Gran Torino pode axudar a desterrar prexuízos, a afastar a estupidez, e a pensar nas cousas que de verdade importan. Acordádevos dela. Lembrade a Walt Kowalski.
Gran Torino!! Gran película!! Eu vina no cine e encantoume e agora que a vexo nesta entrada, penso que nestas mini vacacións "cae" de novo. Non a podías describir mellor Miguel! Unha película 100% recomendable.
ResponderEliminarSi, é unha película que eu creo que nos gusta a todos. Desde logo, das que poño na clase, creo que é das que máis lles gusta... aínda que aquí non mo digan :)
ResponderEliminarÉ curioso. Gústame moito ir vendo as reaccións dos alumnos a medida que a historia transcorre. Ao principio, cando Walt está coa súa familia, o que máis se escoita na clase son cousas como "Que desagradable o vello", ou "Vaia cara"... pero é moi bonito ver como esa impresión inicial se vai transformando a medida que pasan os minutos e podemos empezar a coñecer todo o que Kowalski oculta baixo a súa fachada de tipo duro, rosmón e resabiado. Ao final, creo que todos pagarían por ter un avó como Walt... incluso sen Gran Torino...
Gran pelicula!! A verdade e que fai tempo que non mirara peliculas tan boas coma esta.
ResponderEliminarAhmed! Alégrame moito que che gustase tanto. Disfruta estes días de descanso!
ResponderEliminarA min qustoume moito a pelicula, rimonos moito co as cousas que dicia Walt.Eu creo que a toda a clase lle gustou moito.XD
ResponderEliminar..."Que tramais, morenos?"
ResponderEliminarSi Noelia, tes razón. A verdade é que a peli está sementada de frases memorables. Pero o mellor, sen dúbida, é a actitude. É con iso co que Walt nos atrae, nos gaña e nos convence para ver as cousas con outros ollos. A peli, como lle pasou a Walt, ensínanos que é mellor coñecer cá ter prexuízos.