07/02/13

Preguntas adecuadas

07/02/13

Di o Ministro que nada diso. Que nada de elixir carreira ou ciclo atendendo á vocación, á paixón ou ao que a un lle guste. Que iso de estudar o que vos apeteza ou vos gustaría facer na vida, acabouse. Que vos deixedes de soñar. De soñar o futuro. Palabra de Ministro. De Educación, nada menos. Porque agora o que toca é (adiviña, adiviñanza) estudar o que o mercado diga que é necesario. O que ten saída... Saída a Alemaña, supoño.

E escoitando semellantes estupideces, a un acumúlanselle as preguntas. Por exemplo: É que o Ministro quere que sexades coma el? É que a paixón lle parece pecado e por iso vos convida a elixir unha vida chea de frustración? Non se equivocaría el ao elixir o que fai? É que aínda quedan tontos que ignoren que o éxito só chega cando un sente paixón naquilo que fai? Pensará que Messi é un crack  porque elixiu para a súa vida o que pedía o mercado? Pensará o Ministro de Educación algunha vez en vós? Pensará? 

Seino, son moitas preguntas. Pero eu, hoxe, só quero facervos unha. A pregunta poderosa. A pregunta sabia que todos debedes facervos. A máis importante de todas na vida. A que nunca vos fará este Ministro. A pregunta adecuada:

Que quererías facer ti na vida, se o diñeiro non importase?

Recibe os contidos no teu correo

3 comentarios

  1. Candela7/2/13

    Non se lle ve xa a cara de entusiasmo e pasión polo seu traballo que ten na foto?
    Non sei como se amaña este home, pero cada vez que abre a boca síntome "ultrajada y ofendida" (que diría Marisa) como estudiante e como persona.
    Para rematar estas declaracións faltouche poñer o problema que supón "que a mitad dos universitarios cursen estudios de humanidades" (zas, outro cuchillo máis na miña espalda).
    Por desgracia, parece que o que pretenden é que todos nos volvamos iguales (de tontos, quero decir).

    Nunca me importaron demasiado os cartos, non sei que vou facer cando acabe a carreira o ano que vén nin se a historia me dará de comer. Sólo sei que me encanta o que fago e o fago con devoción. Cada línea que escribo dun traballo, cada página que leo e cada clase á que vou me fan sentir satisfeita e plena por estar estudiando aquelo que máis me gusta. E estes mismos sentimentos supoño que serán os que me levarán, se algún día consigo chegar aló, a abrirme portas sexa como sexa para continuar facendo o que quero.
    E, a verdade, non me gustaría ter que abrir as portas de Alemania ou outro país, pero moito me temo que é o único que nos están deixando. Se aquí non nos aprecian e se rien de nós, non lles debemos nada. Pode sonar moi forte, pero despois de todo o que hai que escoitar, que a veces non sabes si rirte se chorar e non parar, eu xa non creo en nada.

    Se o diñeiro non importara... oxalá fora así de fácil :)

    ResponderEliminar
  2. Chegarás, vaia se chegarás... E desde logo que che dará de comer, precisamente porque é o que che gusta e o que queres ser. Nada coma iso para superar obstáculos. Seguirá a darche alegrías,e serán máis importantes e duradeiras que as que dá o diñeiro.

    Por suposto, como ti dis, o diñeiro importa, pois é preciso para comer e vivir. Pero hai decisións na vida, que hai que tomar sen pensar nel. O amor, o coidado duns avós, ou a persoa que un quere ser, por exemplo.

    Moitas grazas, Candela, por unha aportación así. Que vindo de valentes coma ti, ten moito máis valor. Porque Candela é estudante de Historia, de inglés e da vida. Inquieta, curiosa, crítica. Non tiven a sorte de tela como alumna, pero si de oír falar a outros da súa intelixencia e a súa capacidade, que despois coñecín. Agora, na súa fame por medrar como persoa, estará sorrindo ou lendo baixo a choiva de Newcastle. Que lonxe hai que irse ás veces, Candela, para poder medrar lonxe deste país. Aprende canto poidas, E volvede pronto. Aquí necesitámosvos.

    ResponderEliminar
  3. Cristina Cerceda7/2/13

    Abraira....o teu mellor discurso. Sen duda....somos moitos os tontos neste país!!!! Pero e preferible ser tonto antes ca amargado!!!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK