Unha das miñas lecturas máis queridas, multiplicada por dous pola brutal forza visual do cine.
Odio, castigo, forza, cadeas, esperanza, valor, sufrimento, bondad. Nove películas optan ao Oscar. Levo vistas sete. E esta é das poucas que me encantaría que gañara. Pola historia, e porque dentro do reparto hai dúas auténticas bestas, que se comen a peli a bocados.
Hugh Jakcman: Acaso sabedes dalgún personaxe tan terriblemente humano (coas súas contradicións), tan virtuoso e tan potente como o protagonista Jean Valjean? Eu só coñezo un: Edmundo Dantés, no Conde de Montecristo. Nin Lincoln nin gaitas... Jean Valjean é o mundo nunha soa persoa. Nel, están todas as emocións humanas posibles. Anne Hatheway: Sae tan so quince minutos, bótase a peli ao lombo, ponche o pelame de punta cunha historia que desgarra, e varios días despois aínda segues acordándote dela e das súas caras.
Podedes ver o trailer facendo clic na imaxe.
Se o asteroide d14 non acaba con todo esta noite, non a perdades.
Porque algunha vez todos miraremos atrás pensando "I dreamed a dream".
Non lin a novela, pero a peli é pura maxia, un verdadeiro espectáculo.
ResponderEliminarXa o creo que si, Antón.
ResponderEliminarA novela é coma un outono...
Xenial! Necesitaba que alguén me recomendase un libro, gracias :D Un abrazo, Miguel :)
ResponderEliminarSeguro, seguro que che gusta. Jean Valjean é... inesquecible. Logo nos contas! :) Abrazos
ResponderEliminar