Se esta foto tivera son, soamente escoitaríamos unha cousa: rrrrrrrrrrrrrrrrrrrr
Iso fan os gatos cando se senten felices... E iso fai Chisco desde hai algúns días.
Coñecímolo na rúa. Era moi moi pequeno, e tamén moi fráxil. Chamounos a atención o pouco que se movía. Sempre o víamos agochado debaixo dalgún coche, coma se non se atrevese a saír. Podía permanecer alí horas, sen moverse, día e noite. Sempre con súa nai ao lado, sen abandonalo un segundo.
A primeira vez que fomos levarlles comida, descubrimos o problema. Un ollo moi moi enfermo e outro empezando. Probablemente non tiña xa visión. Por iso non se atrevía a saír. E tamén por iso a nai permanecía sempre paciente e leal ao seu lado, mirando por el. Nunca, nunca, nos días en que lles levamos algo, ela empezou a comer antes de que el rematara.
Non queríamos separalos, pero o problema dos ollos agravábase cada día e comprendimos que así estaba condenado a morrer. Por moito que estivera con el a nai non podería axudarlle. Así que unha tarde decidimos que había que implicarse, e levámolo para a clínica veterinaria na que traballa Sandra, a miña irmá. Prolapso ocular por infección vírica. Antibióticos, antiinflamatorios, gotas de mil tipos aplicadas nos ollos en intervalos moi curtos, tratamento contra as pulgas... e sobre todo quilos de mimos e atencións, incluso sábados e domingos, varias veces ao día, durante semanas. Que é o impresionante trato habitual na Clínica Santa Mariña de Redondela. E os resultados son... en fin, os que vedes. Gato sano, fermoso, vivo, alegre, xoguetón,,, e finalmente adoptado por Sandra. Que se di pronto. Razón pola cal agora podo velo, acaricialo e xogar con el con certa frecuencia, mentres un son ronco e suave, retumba feroz alí dentro: rrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr
E agora, se queredes ver como era Chisco antes...
ADVERTENCIA:
Algunhas das seguintes imaxes poden ferir a túa sensibilidade...
Outras en cambio, poden alimentala.
Para ver, clic AQUÍ.
Fermosa historia e fermoso gato; imposible non lela sen sentir ledicia o saber como remata (ou como comenza, porque dende logo que para Chisco os mellores capítulos da sua vida están por chegar).
ResponderEliminarFrida (a miña gata), entrou na miña casa e na miña vida fai tres anos.
Eu, que crecín nunha aldea, estaba acostumado a ver a un gato dun xeito distinto a agora: sempre correndo pola eira, con algún rato entre os dentes de vez en cando,disfrutando da sua "independencia" e só mostrando o seu afecto hacia os da casa con algún mimo illado..
Foi Frida quen dende fai tres anos, cando con apenas 4 meses de vida deu un chimpo para subirse o meu peito (estando eu tumbado no sofá, e maldicindo en arameo as amarguras da vida), achegouse a miña cara para de seguido, comenzar a lamber as miñas bágoas........Nunha antes de ese intre saiba eu o amor que un "michiño" pode regalar...
Esa tarde gañoume o corazón a pulso e para sempre.
Xamais esquecerei esa tarde e todos os días que me regala ca sua compaña fiel e sen condicions e ata eu mesmo sorpréndome sentindo un amor hacia ela que non coñecia en min.
Ultimamente ando preocupado por un pequeno problema de pulgas que a ten un pouco mortificada, pero gracias os bos consellos de Sandra (que Marisa fíxome chegar) - aproveito a oportunidade para agradecerllos moito -, a bo seguro que os atallarei axiña.
Sandra, cando te canses de Redondela, ¡vente para Porriño!, fan falta veterinarios de calidade que de verdad entendan os gatos coma ti. :-)
Un saudo a todos...
Buf...non sei por onde comezar..emocionada..grazas Miguel..por esta pedazo de homenaxe a Chisco! sirva para tódolos valentes, gatos, cans,..que saen para adiante e conseguen ser felices e tamén para os que non conseguen sobrevivir, tristemente. Para tódalas persoas que axudan e colaboran, para os que respetan, coidan e queren aos animais. Hai que seguir loitando por eles, porque haxa un mundo máis xusto para éstes, levará tempo, pero somos moitos os que os queremos e seguro que o conseguiremos!!
ResponderEliminarChisco está ben e feliz grazas a moitas persoas que se preocuparon por él e cun rrrrrrrrrrrrrrrrrr vos agradece a : Marisa, Miguel, Paula, Lolo, Marta, Fran e Piru todo o agarimo co que o cuidásteis e o seguides facendo! Mil grazas a todos de parte dos dous! Vendo as fotos parece incrible que recupérase ese olliño, estaba moi complicado e loitou coma un campión ,o día seguinte de traelo xa ronroneaba e xa pedía mimos, maliño como estaba, penso que nel agora todo é agradecemento, e tan agarimoso!!! penso que é feliz! e non vos podedes imaxinar a satisfacción e a ledicia que isto me produce. Por último...grazas.. a Chisco e a Piru por todo o voso agarimo, por facerme sorrir tódolos días. :-)
Por certo.. grazas Xurxo polo cumprido, aí tendes moi bos veterinarios , eu coma auxiliar veterinaria e os meu compañeiros Lolo, Marta e Paula que son veterinarios aquí nos tendes para o que vos poidamos axudar.
ResponderEliminarBonitas palabras as que lle dedicas a túa gatiña e é que moita xente nin se imaxina todo o agarimo que che pode transmitir un "michiño" coma dis ti e todo o bo que nos aporta a compaña destes grandes amigos, sexa gatos, cans, etc .Un saúdo e uns mimos para Frida!
Por certo..grazas polo cumprido Xurxo, aí tendes moi bos veterinarios, eu coma auxiliar veterinaria e os meus compañeiros Lolo, Paula e Marta coma veterinarios aquí estamos para o que vos poidamos axudar.
ResponderEliminarBonitas palabras as que lle dedicas a túa gatiña Frida e é que hai moita xente que nin se imaxina todo o agarimo que nos chegan a dar estes "michiños" coma dis ti e todo o bo que nos aportan. Un saúdo e uns mimos para Frida.
Cantas cousas boas nos dan os animais... Non entendo como hai cretinos que se atrevan a tratalos mal, e cando sei de casos así boto de menos a Chuck Norris.
ResponderEliminarQuedounos algo lacrimóxeno, con isto do final feliz... Así que para compensar, nos próximos días toca unha de miseria.
Pareceume una historia increíble.
ResponderEliminarMoi bo traballo, agora Chisco ten familia, e recuperouse.
A historia e moi emocionante, destas das que se che saltan as lágrimas.
Un saúdo, e outro para o pequeno Chisco.
Creo que todos sentimos unha grande ledicia por haber posto o noso graíño de area pra salvar a Chisco, eu se poidera axudaría a todos os animalillos que o precisan, e dame moita mágoa saber que hai xente que os maltrata. Moitas gracias por todo o traballo e o esforzo a todos os compoñentes da clínica Santa Mariña, por tantos mimos e cuidados.
ResponderEliminarHai dias, sobre todo os lunes, que me gustaría ser gato,ronronear toda a mañá, contemplar desde a ventá máis alta o atardecer cos ollos medio pechados e ir pasear polos tellados ata que saia a lúa.
ResponderEliminarChisco dame envidia...
David, dareille o saúdo esta fin de semana. De parte de todos vós! Supoño que el vos enviará un ronroneo... e quizais ata vos chisque un ollo... :)
ResponderEliminarMlp, máis que un graíño de area, aportaches a praia enteira!
Vitoria estou contigo.... So hai unha tarefa gatuna que non me resisto a engadir: a sixilosa exploración do fallado a media noite... despois de poñer a punto as gadoupas na paso da escaleira.
Hola Miguel!Aquí tes o comentario que che prometín na clase de Sociais pola mañá jaja
ResponderEliminarPareceume un xesto moi bonito pola vosa parte de axudar a ese gatiño e por certo, encántame o nome do gato, pero máis o da clínica jijiji
Un saúdo :D
Sabía eu que che ía gustar ese nome, Mariña! O da clínica, claro!... O do gato tampouco está mal, non. Alégrame moito que vos animedes a escribir!
ResponderEliminarAcabas de gañarte un ronroneo de Chisco. Aí vai: rrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr :)
¡Que fermosa historia! Eu xa a coñecía de primeira man pero non por elo me emocionou menos. Chisco tivo sorte, e tivoa duas veces, primeiro por ser descoverto (cando estaba na rua) por quen foi, e segundo por ir a Clinica Santa Mariña e atopar alí a Sandra. Sei que estan todos felices por como rematou todo. Noraboa a todos, a min tamén porque de vez en cando disfruto de Chisco, sin olvidar a Piru que lle teño un especial cariño ¡teñoo de fondo de pantalla no meu móvil!
ResponderEliminar