Audrey era a Beleza, a elegancia natural, a espontaneidade... O triunfo do sinxelo sobre a ostentación.
Ela era así. Como a vedes nesta imaxe de Vacacións en Roma. Pero a súa vida, películas e premios aparte, foi do máis inagardada e interesante.
Europea, nacida en 1929 (como Ana Frank), tamén viviu a adolescencia ocultándose dos nazis, e tratando de sobrevivir á II Guerra Mundial na casa de seu avó, nos Países Baixos (como Ana Frank). Ambas tiñan 10 anos cando a guerra empezou, e 15 cando rematou. É certo que Audrey non era xudea, pero si de orixe inglés, e iso non era unha boa carta de presentación diante dos nazis. Por iso a súa nai, agoniada por protexela, chamábaa por un nome holandés e obrigábaa a falar nesa lingua. Porque debían pasar desapercibidos. A boa posición da súa familia materna permitu que Audrey aprendera ata seis idiomas: inglés, holandés, francés, italiano, algo de alemán e un pouco de español, e tamén que estudara piano e ballet clásico durante os anos da guerra. Con 15 anos era tan boa bailarina, que gañaba cartos bailando en actuacións de ballet clandestinas. Todo o que cobraba, o donaba despois á Resistencia Holandesa.
Pero a súa vida non foi fácil, como tampouco a de todos os que estaban alí. No último ano da guerra, cos Países Baixos ocupados polos nazis, estes confiscaron todos os alimentos e combustibles á poboación. En inverno, sen comida nin calor, a vida xa non era posible. Viu a homes novos forzados a poñerse contra a parede para ser fusilados. Perdeu varios familiares. O seu propio irmán foi internado nun campo de concentración. Para sobrevivir chegou a facer fariña con tulipáns, e a falta de comida provocoulle anemia e problemas respiratorios importantes.
Tamén ela, anos despois, se daría conta das similitudes entre ela e Ana Frank:
"En 1947 un amigo deume o libro de Ana Frank en holandés. Lino, e destruiume. Non eran só páxinas impresas, era a miña vida! Non sabía o que ía ler. Nunca volvín ser a mesma. Afectoume profundamente (...) Teño marcado un lugar no diario, no cal Ana di que fusilaron a cinco rehéns. Ése foi o día no que fusilaron ao meu tío".
Hoxe cúmprense vinte anos da morte de Audrey Hepburn. Aquela nena intelixente e comprometida, logrou sobrevivir ata que o país foi liberado. Primeiro en Amsterdam e logo Londres, seguiu estudando ballet. Pero a súa extrema delgadez, froito daqueles anos de malnutrición, e a mala situación económica na que quedara súa nai, decidiuna a encamiñarse finalmente á interpretación como actriz.
E en 1953, rodando Vacacións en Roma, Audrey Hepburn fíxose fermosa e eterna. Igual que esa cidade... O seu traballo, a súa forma sinxela de entender a vida, e o seu compromiso con UNICEF desde 1955, explican que aínda hoxe sigamos lembrándoa e sentindo nostalxia dela.
En calquera sitio donde durmo hai un cadro/poster de Audrey. Non teño máis que engadir.
ResponderEliminarEn efecto, Duarte, queda todo dito!
ResponderEliminarÉste, o da Vespa, é unha pasada. Inflama alegría. Pero...
Xuraría que sei cal tes ti... :)
http://aclockworkfiction.blogspot.com.es/2013/01/vlog-01-concurso-oscars.html
En efecto, ese está en Madrid, jaja.
ResponderEliminarPor certo xa que Miguel se molestou en poñer o enlace pasádevos polo concurso... hai premios moi interesantes...
Carai..non tiña nin idea da biografía de Audrey..tremenda..intelixente, xenerosa..etc
ResponderEliminarTes razón Miguel a foto que está na entrada transmite alegría, é imposible non sorrir ó vela.
Esta mujer es un sueño, envidiable y sobretodo admirable. Perfección en estado puro. #SiempreAudrey
ResponderEliminarEstou contigo Paula. Audrey é Perfecta. Pero o que máis me gusta é que non é pola súa beleza natural, senón polo todo. Pode haber mulleres máis fermosas, pero non son Audrey... #SiempreAudrey
ResponderEliminarTransmite tanta alegría Sandra, que a teño colgada no meu estudo. Cando un se pon a traballar, mellor facelo cun sorriso :)