Jan e Peter son dous amigos unidos na súa rebeldía contra o sistema económico e o modo de vida actual. Ambos están fartos de ver inxustizas. Así que deciden pasar á acción e facer algo novo, que polo menos asuste aos poderosos. Cada noite, saen na súa furgoneta a controlar os barrios nos que viven os ricos. Cando estes se ausentan por un tempo, entran nas súas opulentas casas e o desordean todo. Antes de irse, deixan sempre un aviso escrito para os donos: "Os vosos días de abundancia están contados. Firmado: Os Edukadores". Pero as cousas empezarán a torcerse o día en que se vexan obrigados a fuxir dunha casa levando con eles a un incómodo acompañante.
Inicio orixinal, tensión, ideas, boa música e un final que fai pensar. Hai moitos motivos para ver esta peli alemana. Entre eles, que a podedes atopar enteira e dun tirón en youtube (clic AQUÍ). Pero se tivera que amosarvos unha única secuencia, elixiría esta (clic na imaxe). Nela, os tres protagonistas xustifican o que fan ante un multimillonario ao que van acurralando con bos argumentos. Agora que a crise mundial nos amosa os enormes furados do sistema capitalista, e que xa sabedes cando nace e en que consiste... Faivos debate?
Xa a mirei! boa película, gustoume, non a coñecía de nada
ResponderEliminarOla Diego!
ResponderEliminarPois alégrame moito que mo digas! A verdade, hai partes que as poderiamos ver en clase perfectamente, e darían para un bo debate. Hai nela algo que me gusta, e é que pon ao espectador fronte ás dúas posturas, como obrigándoo a poñerse no lugar dos dous bandos.
A maioría das películas que de verdade nos interesan non chegan nin á carteleira dos cines que temos preto. É un pouco como a música: hai que rebuscar fóra das canles comerciais. Pero paga a pena, porque cando rebuscas, atopas. Entre todos, seguro que iremos atopando máis.
É unha boa élicula, inda que non deberia inculcar este tipo de actuacións e xustificanse mediante a violencia, quizas ao principio ten mais sentido ao non empregar a violencia pero todo vaiselle un pouco das mans. Moi boa.
ResponderEliminarCerto e moi boa para debatir posto que teñen razon en moitas cousas que din pero non van coa miña ideoloxía.
ResponderEliminarOla Ángel!
ResponderEliminarAo final, tamén ti a viches! Xa somos tres.
Non creo que a película inculque unha forma de comportarse. Primeiro porque non é unha peli violenta. Segundo, porque amosa varias das consecuencias negativas que tería ser tan temerario. E terceiro, porque só é unha ficción. Nin sequera creo que haxa unha mensaxe. Máis ben paréceme que a película pretendía algo así como meter o dedo na ferida aberta polo capitalismo e a desigualdade económica; que pensemos un pouco; ou xogar a poñernos no lugar dos gañadores e os perdedores nesa partida de Monopoly que ás veces parece a vida...
Quédome co inicio. Paréceme unha forma brillante de empezar.
Creo que calquera que entre na súa casa e se encontre iso se sorprenderia e tamén se asustaria.
ResponderEliminarIso segurooo. E se entras nunha clase, e te atopas algo parecido... tamén!
ResponderEliminar