Hai artistas capaces de crear "Máquinas con alma". O holandés Theo Janssen é un deles. Por un lado, é un enxeñeiro que estuda a mobilidade; por outro, un artista que quere esculpir o aire que nos rodea e darlle forma. O resultado do seu traballo é un espectáculo. Ao lonxe, parecen inmensos esqueletos prehistóricos movéndose; pero en realidade non hai motor nin máquina, e están feitos tan só de materiais sinxelos, como tubaxes de plástico e cinta adhesiva. Ao poñelos sobre a area húmida da praia, a forza do vento fai que se movan, converténdoos en extraños dinosaurios mecánicos. Perfectos, artísticos. El chámaas Strandbeest, bestas da praia.
Non todo ían ser máquinas de vapor e revolución industrial!
Moi interesante si señor.
ResponderEliminarPareceme impresionante.
Non todo ían ser máquinas de vapor e revolución industrial!
ResponderEliminarNin efectos especiais!
Estamos tan acostumbrados a ver cousa incribles sen asombrarnos que resulta moi agradable que unha máquina tan sincera como Strandbeest nos faga exclamar:non o podo crer!
Moi bonita,
1
Estou con vós, toda unha obra: Deseño + Arte + Tecnoloxía.
ResponderEliminarE enriba, ecolóxico. Teno todo!