Saltar ao contido principal

Rica Revolución á Francesa

Receta para unha rica Revolución á Francesa:
Ingredientes:
1 Rei
2 Privilexiados (nobreza, clero)
1 Ristra de paisanos, ben queimada e afogada en impostos
1 Parlamento que sirva de pouco
1/4 Quilo de Mal día, deses nos que un se levanta cabreado con todos
1 Par de armerías
1 Torre fortaleza
1 Frontón (servirá unha sala calquera na que reunirse... as pelotas poñédelas vós)
1/2 Litro de tinta, e pluma para escribir unha señora Constitución
1 Pintor que inmortalice a escea (a falta dun Jean Jaques David, valerá un David calquera)
1 Guillotina ben afiada... por se hai que cortar cabezas... de allo, claro.

Preparación:
Cóllase unha sociedade calquera. Aderécese cun par de anos sen alimentos, sen medios para vivir e cos prezos do básico desorbitados. Engádase unha boa presada de privilexios para uns poucos (exención de impostos, decenas de dereitos sobre o resto da poboación, cargos públicos e honores reservados...). Mestúrese cun Estado en bancarrota, completamente arruinado por gastos suntuosos e prescindibles (unha guerra, uns cantos palacetes, chófers, asesores de chófers, asesores de asesores...). Réguese todo cun puñado de ideas ilustradas e un chisco de esencia das 13 colonias.  Póñase todo ao lume, refóguese ben, salpeméntese e, como dirían os franchutes... Voilà! 

Vídeo da cocción, en só dez minutos: 


Moito ánimo para mañá a 1º de Bacharelato. E Sorte!
Se estades con ganas, ou vos apetece, tedes este bo documental enteiro e dunha peza AQUÍ.

Comentarios

  1. Non sei por que me estou imaxinando esa receita de revolución posta en marcha en calquera dos paises que estan en crisis.

    Ai dios a que se aveciña!!! Jejeje

    ResponderEliminar
  2. Almudena29/11/12

    A nós este ano tamen nos puxeron este video jajaj

    ResponderEliminar
  3. David.29/11/12

    Este mismo video vímolo este ano.
    A verdade, a revolución foi inprescindible, pero o prezo foi moi caro, como din nun momento.

    ResponderEliminar
  4. Sí, é un documental moi coñecido, e non está mal.
    O vídeo explica ben, e está bastante teatralizado. Hai partes que quedan fácil na memoria. Pero eu quitaríalle os momentos "historiador explicando". O que din é interesante, pero que os enfoquen a eles continuamente acaba facéndose repetitivo e rompe bastante o dinamismo da narración.

    Desde logo, como dis ti David, foi unha revolución extremadamente violenta. Aínda que a explotación señorial e a inxustiza social anteriores tamén o eran...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...