Saltar ao contido principal

Dez anos do Prestige

Dez anos, acaban de cumprirse. Lembrades?
Dez anos despois, Greenpeace pregúntase aquí por que non hai responsables políticos.
Dez anos despois, o capitán Mangouras, que aquel día fixo ben o seu traballo, é o máximo acusado.
Dez anos despois, doe aínda reatoparse coas imaxes daqueles fatídicos seis días negros...
Clic na imaxe.


Dez anos despois, o artigo que Arturo Pérez-Reverte publicara en El Semanal, segue explicándoo todo:
   "Se acojonaron. Así de sencillo. Fueron cobardes como ratas. O como políticos. Cuando el Prestige amaneció frente a la costa, la gente empezó a ponerse nerviosa. Entonces las autoridades, el gobierno autonómico y el gobierno central se cagaron por la pata abajo. Chof. Está chupado imaginarlo, conociendo a nuestros clásicos. Ese ministro aullando histérico: ¡Fuera! ¡Lejos! ¡Que me lo saquen de allí como sea! ¡Al quinto pino!...      
   Nadie hizo ni puto caso a los marinos, claro. Ni al capitán del Prestige, que intentaba salvar su buque y su carga, ni a los que sugerían que más vale contaminación local, controlable por grave que sea en un refugio o un puerto, que andar paseando por ahí setenta mil toneladas de fuel con la chorra fuera. Pero nones. La idea oficial no era evitar el desastre, sino que éste se produjera lo más lejos posible
   Por eso no se buscó un refugio para el barco... Por eso se obligó al capitán Mangouras a encender máquinas y a alejarse de la costa, pese a que la vibración de los motores podía aumentar la vía de agua. Por eso los remolcadores lo condujeron a mar abierto, tras el tira y afloja con la compañía holandesa de salvamento, a la que no se dio oportunidad de salvar nada, ni se tuvo en cuenta que el Atlántico norte, en esta época del año, tiene muy mala leche. Por eso se hizo navegar al Prestige a rumbo de máximo alejamiento, sin permitirle alterar éste para que recibiera el mar por babor, en vez de por donde estaba la vía de agua... Todo eso ocurrió porque les daba igual. Lejos y pronto, fue la consigna. Y una vez mar adentro, al que le toque, que se joda..." 
Por último, hai un magnífico documental sobre a traxedia, e quédavos AQUÍ. 50 minutos que quizais todos deberiamos ver. Por interese. Por responsabilidade. Por xustiza. Ou só por honrar a verdade. 

Comentarios

  1. Este claro que neste país os politicos non se queren ensuciar as mans e sempre tiran as culpas encima da cabeza de outros, o mesmo pasa co caso do Madrid Arena tanta culpa teñen os organizadores como o concello de Madrid, pero o pobre capitan intentaba facer o seu traballo e non lle deixaron.

    Coa cantidade de politicos que hai neste pais non sei como hai tan poucos ou ningun que fagan as cousas medianamente ben.

    Por certo, decirche Miguel que o otro blog xa non o utilizo pero teño un novo, aqui che deixo o link:lafelicidadsellevadentro.blogspot.com


    Saudosss

    ResponderEliminar
  2. Pois si: eran unos "hilitos", as praias estaban "esplendorosas", para nada se podía falar de "marea negra", non había "conflictividad social" e a situación estaba "controlada"...

    Xa se viu. O que non se viu foi que algún deles dera un paso adiante para asumir responsabilidades. Moi ao contrario, aí seguen, dirixindo coma se nada o rumbo deste pais.

    Que mira por onde, quizais estea a parecerse cada vez máis a aquel Prestige fendido e moribundo, arrastrado sen dirección polo océano adiante. Pero tranquilos... tamén desta vez, aínda que non o pareza, todo está "baixo control".

    ResponderEliminar
  3. A mín dame moita pena o capitán do Prestige, él fixo o que tiña que facer, foi o último en deixar o barco (non coma outros), e agardou as ordes do armador, aquí ós que había que xulgar e ás autoridades de este país, que son os verdadeiros culpables, pero como a maioría das veces pagan xustos por pecadores.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...