Saltar ao contido principal

O día de mañá: Furacán Sandy

Está pasando. 64 mortos no Caribe. Ventos de 150 kms/h. 300.000 persoas evacuadas. 7.400 voos de avións suspendidos. Toda a flota amarrada. 60 millóns de persoas recluídas. Ventás e portas seladas con táboas e sacos. Primeiros anegamentos de rúas. Ondas enormes. Guindastres dobrados coma se fosen de goma... En menos dunha hora (cando tecleo isto), o furacán Sandy barrerá todo o litoral leste de EE.UU., incluída a capital, Washington, ou a cidade de New York. Os meteorólogos prevén unha tormenta bestial de mar, vento, choiva e unha caída brusca das temperaturas, con neve e cortes de electricidade que poden durar semanas. Grazas a esta previsión, as rúas están baleiras. Pero a uns minutos de que a natureza se desperece con toda a súa brutalidade para recordarnos o pequenos que somos fronte a ela, é difícil non lembrarse das atroces escenas dun filme que acaso coñezades.


A secuencia forma parte da impactante película "El día de mañana", sobre o cambio climático. Desta vez só é un furacán. Esperemos que a realidade quede lonxe da ficción.

Comentarios

  1. Sandra30/10/12

    Eu tamén espero que a realidade quede lonxe da ficción. Impresionantes imaxes, non só as da película senón as que estamos vendo día a día nos xornais e nas televisións deste furacán Sandy.

    ResponderEliminar
  2. Na web do xornal "The New York Times" aparecen xa publicadas medio cento de fotografías do desastre:
    http://www.nytimes.com/slideshow/2012/10/29/us/20121030_HP_STORM.html

    ResponderEliminar
  3. O furacán pasou. En youtube atopei un vídeo ben curioso, no que se ve, en só 4 minutos, o paso do furacán sobre a cidade. As imaxes están gravadas desde unha cámara fixa instalada na azotea dun rañaceos. Esta é a ligazón:

    http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Ujl84Ywi2Wo

    A día de hoxe, danos materiais aparte, 37 persoas perderon a vida, e iso tan só na cidade de New York.

    ResponderEliminar
  4. O que nos demostra o insigificante que somos cando as forzas da natureza se rebelan...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Enco...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Siria, explicada polos meus alumnos (que molan)

Isto é: Historiaaa! -berraría o espartano Leónidas- . E por iso, tiñamos dúas opcións :  a) Empezar o curso pola Revolución Francesa do século XVIII e obviar as noticias da tele, os periódicos, e todos os problemas que en realidade nos rodean, simplemente porque "non tocan", ou... b) Arremangarnos e correr a enzoufarnos como está mandado na lameira do presente , para saber en que demo de mundo vivimos, e preguntarnos por que... para desde aí, agora si, emprender viaxe cara atrás. Do presente cara ao pasado. Como lle gustaría ao sabio Saramago. Chamámolo Proxecto Siria . Tras unha breve explicación e algúns vídeos curtos pero certeiros , dividimos a clase en grupos, e a investigación en 10 puntos concretos que cubriran todo o problema . O obxectivo era buscar e remexer nas fontes, comprender para poder explicar e, finalmente, transmitilo todo dun xeito orixinal, visual, creativo. E saiu algo tan bonito e potente, que había que ensinalo aos demais. Ao instituto, e ao...