20/10/12

Me aburro en clase

20/10/12

Preséntovos a este intelixente neno, que non deixa indiferente. Porque, quen mellor que un alumno para opinar acerca de educación?


Que importa máis: a meta ou o camiño? Este neno teno claro. O camiño. Cada vez entendemos mellor que o día a día na clase ten que resultar creativo, emocionante e valioso para todos, en especial para nenos como o do vídeo. Por que? Porque hoxe sabemos que non aprendemos repetindo, senón que aprendemos facendo, e especialmente cando nos emocionamos. Por iso, este neno pide paixón, enerxía, talento, creatividade, vitalidade. Que é o que os nenos teñen e desexan explotar. E que é tamén o que nos pide o mundo no que vivimos: persoas orixinais, creativas, con capacidade de emocionar aos demais ou de descubrir solucións diferentes para os problemas que temos hoxe. 

Por iso nunha clase ten que haber afecto, provocación e moita motivación. Ás veces é difícil, pero hai que camiñar cara iso, porque é a receta para aprender capacidades sen aburrirnos. Así que temos que emocionar, motivar e sorprendernos moitas veces na clase; cada vez que o consigamos, teremos a garantía de que estamos non só aprendendo, senón tamén construíndo un momento útil e especial nas nosas vidas.

O vídeo foi emitido no programa RedesAQUÍ.

Recibe os contidos no teu correo

8 comentarios

  1. Almudena20/10/12

    e mais imprtante a meta que o camiño pero canto mellor camiño tallamos mais disfrutaremos da meta e gustaranos recordala.
    O neno decia eso por que nn te tivo a ti de profesor jejeje

    ResponderEliminar
  2. Jajaja. Grazas Almudena. :) Pero ás veces tamén podo ser moooi aburrido.

    Ummm.... Estou de acordo con iso de que "canto mellor camiño teñamos máis disfrutaremos da meta e gustaranos recordala". En cambio, non estou de acordo co primeiro, Almudena. Pero alégrame moito que o comentes, porque creo que, co terror dos exames e as notas, todos medramos pensando que o importante é o resultado.

    Logo, cos anos, daste conta de que non. Que un título ou un aprobado están ben, pero desde logo non fan mellor a unha persoa. O que nos mellora son os valores que temos e o que somos capaces de aportar á sociedade para mellorala: ter empatía, poñer paixón no que facemos, explotar o noso talento (todos temos un par deles), ser comprometidos... Na clase, o mellor non son os aprobados ao final, senón as experiencias e as emocións que ás veces temos a sorte de vivir nelas.

    Se fas o camiño de Santiago... Que botas máis de menos: a experiencia do camiño ou a experiencia de chegar?

    ResponderEliminar
  3. Samantha20/10/12

    Todo o que pide este neno recórdame ao que ti facías con nós nas clases. Facías que, á vez que aprendíamos, nos divertíramos. Oxalá todos os profesores foran así. Porque máis importante que a meta, é o camiño :)

    ResponderEliminar
  4. O día que vin o vídeo quedei sobrecollido polo que dicía un rapaz tan pequeno. Pero agora, ademais, conmóvenme as palabras, non dun rapaz, senón as vosas. :) Grazas por este sorriso, que non me quitarían nin cunha lima de pulir aceiro. E un abrazo.

    ResponderEliminar
  5. David.20/10/12

    Intelixente rapaz.
    Todos temos que aprender del.
    A mellor forma de aprender, e divertíndose. E, aínda que parezca difícil, diversión e aprendizaxe podense unir e formar unha gran combinación.
    Samantha e Almudena, tivestedes sorte de poder probar isto, con Miguel debéstedelo pasar moi ben.

    ResponderEliminar
  6. Estou contigo, David: intelixente rapaz e boa parella a que forman Diversión-Aprendizaxe. A ver se logramos que estabilicen a súa relación.

    ResponderEliminar
  7. marisa23/10/12

    Estou lendo as opinións de esta entrada, e teño un sorriso na cara, creo que debes tar orgulloso das palabras que che adican os teus ex-alumnos e ata os que non o foron, porque creo que David polo que comenta non o debeu ser, así que penso..., se eu teño un sorriso que satisfacción non terás tú ¿non?

    ResponderEliminar
  8. Como para non sorrir, Marisiña! Pero de quen estou orgulloso é deles! Un abrazo para todos.
    E lembrade: vémonos!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK