Saltar ao contido principal

V de Vendetta

Hay, claro está, personas que no quieren que hablemos...
Sospecho que, en este momento, estarán dando órdenes por teléfono, 
y que hombres armados ya vienen de camino...
¿Por qué? Porque mientras pueda utilizarse la fuerza, ¿para qué el diálogo? 
Sin embargo... Las palabras siempre conservarán su poder, las palabras hacen posible 
que algo tome significado y, si se escuchan, enuncian la verdad.
Y la verdad es que, en este país, algo va muy mal, ¿no?...
Ciertamente, unos son más responsables que otros, y tendrán que rendir cuentas, pero, la verdad sea dicha, 
si estáis buscando un culpable, sólo tenéis que miraros al espejo...
Sé por qué lo hicisteis, sé que teníais miedo. ¿Y quién no?
El temor pudo con vosotros, y presas del pánico acudisteis al actual líder. 
Os prometió orden, os prometió paz, 
y todo cuanto os pidió a cambio fue vuestra silenciosa y obediente sumisión...
Pero si veis lo que yo veo, si sentís lo que yo siento y si perseguís lo que yo persigo, 
os pido que os unáis a mí, dentro de un año, a las puertas del Parlamento, 
y juntos les haremos vivir un cinco de noviembre que jamás, 
jamás nadie olvidará.

Facede clic na imaxe, cartel da película.

A primeira vez que puxen La Ola nunha clase para explicar a formación das ditaduras, unha alumna, Tania, propúxome este título como opción tamén interesante. E entenderedes por que. Orixinal, diferente, atrevida, política, heroica, brillante, envolvente, polémica, explosiva, épica... A película chámase V de Vendetta. Pero tamén podería chamarse V de Verdade, V de Vergoña, V de Valentía, V de Vitoria, V de Vida... Porque V é un home anónimo disposto a devolver o poder á xente común. Nada de superheroe con superpoderes. Esta é unha ficción moi real. V só é un revolucionario. Un cabaleiro enmascarado, xusticieiro, e tamén, por que non dicilo, un pouco tolo. Pero un cabaleiro. A súa misión, derrocar a un goberno fascista que eliminou todas as liberdades. A súa arma, convencer á poboación de que non hai que ter medo aos gobernos; son os gobernos os que deberían ter medo da poboación... Moi actual. A película é unha adaptación do cómic de Alan Moore e David LLoyd, publicado xa en 1982.

Vendo a portada do cómic, e a propia película, quizá pensedes que a máscara do protagonista resúltavos moi familiar... Que a visteis moito ultimamente. E é verdade. Esa máscara representa a faciana dun personaxe histórico inglés moi coñecido para os británicos: Guy Fawkes, un conspirador católico que, para deter as persecucións aos da súa relixión, intentou voar con explosivos o parlamento inglés en ¡1605! Como non o conseguiu, porque o detiveron antes (e o aforcaron despois), ese día, cinco de novembro, pasou a ser celebrado cada ano polos londinenses, que conmemoran a detención do traidor facendo múltiples fogueiras á noite.

Pero... o cómic e a película déronlle a volta á historia e converteron ese rostro do mal logrado Guy nun símbolo da resistencia fronte á censura e aos abusos do poder. Por iso o recente fenómeno Internet Anonymous, que afirma loitar contra a censura en internet, elixiu precisamente esta máscara que a película fixo famosa como imaxe propia. 

Como vedes todo está naturalmente unido e sabiamente retroalimentado: historia, cómic, cine, internet, movementos, actualidade. Iso é a cultura: unir fíos, tecer redes, relacionar, saber ler... Un potente anestésico contra a dor; e un poderoso estímulo contra os malos. Como esta peli. 

Comentarios

  1. E o mellor de todo. Podedes ver a peli cando queirades na vosa casa, porque está dispoñible en Youtube.

    Cun final á altura!

    ResponderEliminar
  2. Samantha10/8/12

    Certo é que cada vez hai máis persoas ás que lle gusta loitar en vez de falar tranquilamente, como se debería.
    Lembraba a historia do 5 de novembro, pero non sabía que saía nesta película. Teremos que vela, entón :)
    A ver se é tan boa como "La Ola".

    ResponderEliminar
  3. Ola Samantha!

    Mmm... É distinta. Aínda que tamén aborda o tema das ditaduras, faino desde un punto de vista diferente (en La Ola, fálase de cómo xorden; pero aquí, lóitase contra unha que está instalada no goberno). A estética tamén é diferente, pois baséase nun cómic. Pero aínda así, pódense extraer cousas moi válidas, como na Ola, para unha clase ou para a vida. Os diálogos, en moitas ocasións, son brillantes e dignos de escoitar varias veces. E si, o protagonista emprega a palabra... pero para mover á loita.

    Diferente. Pero orixinal, interesante, difícil de quitar da cabeza.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...