Por Tutatis! Xa era hora. Acábase de presentar o Museo Virtual da Cultura Castrexa. Bah, outro museo máis, dirá alguén. Pois nada diso. Porque Virtual quere dicir que o visitas sen moverte da túa casa.
A golpe de clic podes plantarte en cinco dos castros máis espectaculares da antiga Gallaecia, acceder a vistas en 3D, a imaxes panorámicas, patealo dun lado a outro ou elixir ti mesmo os detalles que queres que o experto che explique mellor. É máis, se hai museo ao lado, tamén podes entrar virtualmente. Sempre desde a casa, e de balde!
Ademais das visitas virtuais, destaco un catálogo en 3D de pezas caracterísiticas da época dos castros: fíbulas, armas, cerámica... de todo. Desde os laterais da páxina principal tamén se pode acceder a moita información presentada dun xeito breve e visual. Incluídos os horarios de visita. E se che vai o cinematográfico, Bandua, a visión en documental deses cinco castros galaicos.
A maioría dos castros galegos teñen entre tres mil e dous mil anos de antigüidade. Hainos a patadas e a maioría están sen escavar arqueoloxicamente (un exemplo que xa visitaramos en Caronte, AQUÍ). Precisamente estes adoitan ser os que conservan un maior encanto. Quizais polas formas que se adiviñan baixo a terra, ou tal vez polo misterio do que non podemos ver máis ca na nosa imaxinación: Como vivirían? Cantos estarían? Como sería esta paisaxe? A quen temerían? Como latería todo aquí abaixo, onde agora pousamos os pés? O caso é que fannos moita falla iniciativas coma esta. Necesitamos potenciar o valor do patrimonio histórico, facelo visible, achegalo á xente, metelo nas casas se é posible. Facer que todos o coñezan para que todos poidamos amalo, entendelo, coidar del... Boa viaxe. Virtual! (clic nas imaxes para entrar).
Só dúas pegas para un proxecto fantástico e marabilloso:
ResponderEliminar1) Versión en galego?
2) Baroñaaaaa!!!
Paréceme unha moi boa idea para aprender cousas novas sobre Galicia. E se non podes saír da casa, aínda mellor!
ResponderEliminarPD: O de "Por Tutatis!" foi unha pregunta onte de "Atrapa un millón" jeje.
Ola Samantha!
ResponderEliminarE para os que non vimos onte o programa que mencionas... sempre atoparedes un PorTutatis! nas historias de Astérix e demais habitantes da Galia.
Encántame! é unha moi boa idea, paréceme que non se da a coñecer o suficiente o noso patrimonio histórico e esta é unha boa forma de facelo se non podes achegarte a visitalos. E tamén de obter información sobre eles, pero estar alí, visitalos, e o que dis ti Miguel imaxinarte coma serían as súas vidas, é moi interesante,curioso, divertido. Tes razón falta o gran castro de Baroña, supoño que o acabaran poñendo tamén.
ResponderEliminarEu tamén vexo Atrapa un millón, pero onte perdinme o de "Por tutatis", terei que voltar a ver Asterix! co que me gustou sempre!
Asi que este profe preocupado polo patrimonio ven para Tui! En Budiño, no Ceip da Cruz, hai unha profe disposta a colaborar no que se poida, por rescatar algo desta zona... E ademais, a tal profe estudou no insti de Meira! Avisa cando esteas por aqui! Saudos e parabens.
ResponderEliminarOla Proída.
ResponderEliminarMoitas grazas pola túa mensaxe. Mira que coincidencia o de Meira! Coñezo ben o Faro, e o Castelo, e algunha outra cousa por esta zona, xa que estou moi cerca dela, así que, aviso: estou por aquí!