Que fai un Neonazi nun debate? Podería ser un chiste, pero non; é unha pregunta con resposta. Tras aquela roda de prensa querendo emular a "La Ola" en plan charramangueiro, os neonazis gregos seguen ao seu: armándoa na rúa, ameazando entrar de cheo no parlamento e dando a nota nos medios de comunicación. Onte, nun debate televisado deixaron outra perla cultivada. E temos moitos motivos para preocuparnos. Pero moitos. Porque un extremista non entende de argumentos, nin de razóns, nin de ideas, nin de ética, e moito menos de respecto. Un neonazi exalta a violencia. Non sabe convivir co diferente. É máis, se puidera, exterminaría a todo o que discrepa, en ideas ou en aspecto. E sen cortarse un pelo. Incluso nun plató de televisión:
O portavoz do partido de extrema dereita "Amencer Dourado" (6% dos votos en Grecia), saiu por patas tras agredir así ás dúas parlamentarias de esquerdas que debatían con el (unha delas recordoulle que proximamente deberá enfrontarse a un xuízo por atraco a man armada). E é que Nazi e Debate, son palabras que non pegan nin con cola. As imaxes son unha proba xudicial para a policía, que emitiu unha orde de arresto; pero sobre todo son, para nós, un motivo para sermos críticos. Para estar alerta.
%2B00.52.03.png)
Totalmente de acordo contigo Andrea, non creo que fose casualidade que arremetera precisamente contra mulleres.
ResponderEliminarO vídeo que achegas é tan preocupante como o de Grecia. Demostra que o do fascismo é un perigo moi presente aquí mesmo. Un perigo que algúns dan por desterrado, pero que agroma moi ben no caldo de cultivo da crise, a corrupción e a falta de ética en persoas que deberan ser exemplo para o resto da cidadanía.
A parafernalia e o culto da violencia impresionan, e iso é o que buscan: paralizar mediante o medo. Fronte a eles, cautos si; medo non.