Incrible. Xogos Olímpicos de Atenas 2004, ximnasia, disciplina de barra fixa. O ruso Alexei Nemov roza coa punta dos dedos a perfección, facendo un exercicio impecable, espectacular e dunha beleza incuestionable. Os ohhhs do público con cada acrobacia falan por si sos. O atleta remata. Ovación e éxtase xeral. Saúda, e senta a esperar dos xuíces a súa puntuación. E ao pouco (minuto 1:40), esta sae na pantalla: 9,725. Fóra das medallas. A xente, marabillada polo exercicio, non o pode crer. Tongo! E de inmediato, o estadio enteiro estoupa nunha protesta ruidosa, unánime e moi insistente, que se prolonga tantos minutos que fai imposible dar paso ao seguinte atleta. Nemov, impecablemente respectuoso, observa con humildade e en silencio o que está pasando. E os xuíces, cada vez máis nerviosos, empezan a mirarse os uns aos outros sen saber como actuar... Só había un xeito de pifiala máis: cambiar a puntuación. E aos sete minutos de protestas, nun episodio lamentable, os xuíces fan caso do público e rectifican (minuto 7:05). Nova nota: 9,762. Insuficiente. Os espectadores, que entenden que teñen agarrados por onde máis doe aos membros do tribunal, véñense arriba e berran aínda con máis forza. E entón... Nemov, que se gañara ao público co seu traballo, fai algo sorprendente, honroso e admirable, co que definitivamente consegue a maior gloria á que un pode aspirar (minuto 8:08): gañarse o RESPECTO.
Non creo que se poida explicar mellor o deporte (e a vida), e en concreto iso que chaman espírito olímpico. Talento, disciplina, humildade, constancia, serenidade, respecto, saber agradecer, excelencia. Eses son os ingredientes de Nemov. Non hai outro camiño para ser grande, e moito menos para ser o mellor, o exemplo a seguir. Se un deportista, se un equipo, se un adestrador, sexa o deporte que sexa, se salta algún destes eslabóns, diga o que diga, non o creades: xa non hai virtude, nin honra, nin respecto. Pérdese dignidade. Pérdese a oportunidade de alcanzar a gloria. Perdemos todos.
Clic na foto para ver!

Non evitedes o espectáculo de velo preparándose, so e concentrado en pleno adestramento, AQUÍ.
Un vídeo á altura da perfección de Nemov como atleta, AQUÍ.
Temos as dúas caras do deporte: o esforzo, o traballo, a ilusión, a perfección. Por outra banda a inxustiza. Pero dá gusto que a xente se entregue dese xeito e mostre todo o seu apoio a alguén que o merece e dá gusto ver unha reacción tan loable coma a da Nemov co seu compañeiro e co público, en tódolos aspectos debería haber máis xente así.
ResponderEliminarSi Sandra, aí están as dúas caras. Pero é curioso como a cara que leva á victoria (a do esforzo) é capaz de converter á cara mala (a da inxustiza) nalgo insuperable, magnífico e inesquecible. Algo que sen ese talento, traballo e humildade, nunca sería posible lograr.
ResponderEliminarCando Nemov morra, rodeado de trofeos, é probable que se sinta máis orgulloso e premiado con eses minutos que con todas as medallas que teña nun cuarto da súa casa. Non é para menos...
Teño os pelos de punta. Moi lóxica a reacción do público, pero emocionante é verdadeiramene loable a do deportista ¡¡¡qué grande!!!
ResponderEliminarOnde outro reaccionaría perdendo os papeis, Nemov pon serenidade, dominio de si mesmo, madurez, intelixencia, humildade.
ResponderEliminarUn crac. Un líder.