Saltar ao contido principal

Do Eume a Trives


Los árboles, entre todos los seres vivos de la fragas son los más pacíficos, los más bondadosos, los que poseen un alma más sencilla e ingenua. Conviene saber que carecen absolutamente de vanidad. Nacen en cualquier parte e ignoran que sólo por el hecho de crecer allí, aquel lugar queda embellecido
El bosque animado, W. Fernández Flórez 

Era un dos bosques atlánticos máis importantes de Europa (Parque Natural, mosteiro do ano tropecentos incluído). Ardeu. Pero o peor é que podía ter pasado en calquera punto de Galicia: Xurés, Barbanza, Queixa, Suído, Meira... Porque non temos unha política de explotación forestal; unha estratexia de país para explotar racionalmente unha riqueza que gran parte de España non ten. Así que grazas a políticos, empresarios, especuladores e outros catetos, hoxe somos moito máis pobres e miserables que antes do incendio que arrasou boa parte das Fragas do Eume.

Pero a entrada de hoxe quere ser optimista. Porque preto de nós, a pouco que busquemos, hai aínda algún bosque máxico como o do Eume. Algún deses lugares polos que paga a pena. So hai que ir a descubrilos, guiándose polos ríos, as árbores e os solos cubertos de follas. Hai pouco tiven a sorte de coñecer o Souto de Rozavales, na comarca de Trives, aos pes de Cabeza de Manzaneda. Entre prados e castiñeiros velliños, hai un que atrae a admiración de cantos o ven: o castiñeiro de Pumbariños.


A ciencia di que ten máis de mil anos (máis que unha catedral!). Pero hai xente que sostén que podería ter dous mil, e que sería un dos primeiros castaños que trouxeron os romanos, pois aquí non se daban de maneira natural. Hoxe é unha das árbores máis grandes e antigas que se conservan. Fan falla un cento de pasos para rodealo, e case catorce metros de brazo para poder abrazarse ao seu tronco. A súa grandeza é tan evidente, que foi declarado Monumento Natural pola Xunta de Galicia... Agora so queda que a súa protección non quede nese título; quizais así poida ver pasar outros mil anos. Se as árbores falasen...

Comentarios

  1. Se as árbores falasen serían coma as avoas que nos deleitan cas súas historias da infancia, coma os avós que nos contan as súas aventuras da guerra, coma os vellos que nos transmiten con tenrura a súa sabedoría a través de lendas. Se as árbores falasen daríannos unha lección de vida…

    ResponderEliminar
  2. Esta árbore si, porque sucesivas xeracións souberon respectala ano tras ano e durante máis de mil. Vaia historia nos contaría: romanos, suevos, musulmáns, viquingos, irmandiños,... Valdría mil veces unha catedral.

    Outras, en cambio, terían motivo para negarnos a súa sombra, o olor, as cores, os froitos, a leña, o papel, a madeira, a humidade, o osíxeno. Falarían para dicirnos que Non. Un Non grave e rotundo, gravado a lume baixo a codia, ou aló onde teñan a súa memoria.

    E tamén esa sería unha lección de vida. Xusta e penosa.

    ResponderEliminar
  3. Sandra11/4/12

    Qué razón tendes Asún e Miguel! estou totalmente de acordo convosco. Coñecín a fragas do Eume fai uns anos, precioso lugar, qué lástima ver esta destrucción, canta vida se destruíu?!

    Qué ganas de coñecer a ese "abuelete"!! e de abrazalo!!
    Cantas cousas nos podía contar, digno do blog "Vellos con historia"!! eh!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d