Saltar ao contido principal

Caronte: 1 ano navegando

Pois feliz aniversario! Porque hoxe, hai un ano que temos Moedas para Caronte. E como é lóxico, o Barqueiro e a súa tripulación merecían unha homenaxe especial neste día. Crédeme cando vos digo que paseino pipa dándolle forma á idea, que agora comparto co sorriso de quen gañou un momento especial para cando a memoria floxee. As alegrías son para celebralas... A ver que vos parece (por certo, hai unha segunda versión, cun Caronte menos heavy pero igual de trepidante, AQUÍ).


Levamos xa máis dun cento (116 exactamente) de moedas, case un pequeno tesouro. Pero a verdade é que, despois deste tempo, sei ben que o valor desta pequena barca no inmenso océano da rede non está no publicado, senón nos vosos comentarios. Sodes vós, cando aparecedes, os que dades valor, sentido e un significado especial a todo isto. E hoxe, un ano despois de ter iniciado esta travesía, non podía facer outra cousa que lembrarme de vós.

Milleiros de GRAZAS por estar aí!

Comentarios

  1. Que grande!! Eso si, moito mellor a versión heavy

    ResponderEliminar
  2. Jajaja. "Non sei por que", prevía eu este comentario de Duarte apostando pola versión heavy.

    Botei de menos ao equipo GangFilms durante a brevísima rodaxe.

    ResponderEliminar
  3. Si, teño que cubrir o posto de Denis en canto a ese tema... por desgracia xa non se encontra entre nós... está en Suiza!

    ResponderEliminar
  4. Xurxo27/4/12

    Felicidades Miguel!

    En canto a montaxe de celebración, eu discrepo (...) a min gústame moito mais a segunda versión...non só polo score senon tamén pola realización: as sombras da barca na auga, o ángulo....

    Ainda estou dándolle voltas a cabeza pensando en de onde diantres sacaches esa barca :-). Está claro que non é o "Unicornio" de Tintín e o capitán Haddock, mais ben ten toda a pinta de pertencer a un clip de Playmovil. ¿Acerto?

    ResponderEliminar
  5. Pois alégrame que haxa variedade.
    Si, a verdade é que no outro vídeo hai unha sombra moi tétrica na auga. Un día terei que colgar o "Como se fixo", porque creo que daría para moitas risas...

    Mentres, confeso que si: todo o material provén dun Playmobil pirata que houbo que tunear como está mandado ata dar nun Caronte que resultase crible. Salvo as moedas... as moedas (de chocolate) proveñen dun cofre legado hai tempo por alumnos moi brillantes aos que mareei durante todo un curso con batallas e historias de tesouros afundidos.

    ResponderEliminar
  6. Xurxo27/4/12

    Jajaja...non se o "making of" do que falas xa o imaxinei eu está mañá e a cada escea imaxinada mais me ria:

    Bañeira da tua casa, luces apagadas, a tua irmá ou Marisa como axudante, ti a piques de premer o REC e escoitase: "¡Agora mamá!, empurra a barca!"
    Jajaja

    ResponderEliminar
  7. Vitoria27/4/12

    Felicidades Barqueiro!
    Abril é un bon mes para nacer,ainda que sexa o "mes más cruel:
    hace brotar
    lilas del interior de la tierra muerta, mezcla
    la memoria y el deseo, estremece
    las raíces marchitas con lluvia de primavera..."
    1bico

    ResponderEliminar
  8. Sandra27/4/12

    FELICIDADES MIGUEL!!!!! Qué crack!!! jajajaja! eu coma Xurxo tamén penso no "making off" (sorriso) e pártome de risa.Gústame a versión "heavy" pero a outra tamén moito!! sobre todo porque case se ve mellor a Caronte e as súas moedas de chocolate, qué grande!! Felicitacións de verdade por este pedazo blog! penso que todos estamos espectantes día tras día vendo cal será a vindeira entrada.Cal será a entrada do segundo cumpreanos?? :-)

    ResponderEliminar
  9. Vitoria: se abril é iso, estremece máis a súa beleza que a súa crueldade. Un mes idóneo para un rosmón resabiado e silencioso como Caronte.

    Jorge: houbo que dar moitas veces ao REC. Empurrei eu so, pero si que contei con apoio, risas e algunha puntada para o manto do barqueiro.

    Sandra: o blog sodes vós! Oxalá para ese 2º aniversario esteades de novo todos os que hoxe estades... e máis!

    ResponderEliminar
  10. Nerea27/4/12

    Parabéns polo primeiro aniversario Miguel! Desexo que a barca de playmobil nos teña outra entrada para o 26 de abril do 2013!
    Con respecto ao vídeo, a min tamén me gusta máis a versión menos heavy pero están as dúas xenial! Noraboa

    ResponderEliminar
  11. Grazas Nerea!
    Se os ventos seguen así, o ano que vén igual lle poñemos vela a Caronte, ampliamos a bañeira e facemos unha auténtica lagoa Estixia.
    Estou encantado de reatoparvos aquí.

    Atención rockeiros, a versión non-heavy (como se chama iso?) gaña adeptos!

    ResponderEliminar
  12. Miguel, grazas por dirixir esta pequena barca na inmensidade da rede e parabéns por este ano de navegación!
    PD: Apúntome a versión "non-heavy".

    ResponderEliminar
  13. Miguel, tí xa sabes que eu tamén son da versión non-heavy, pero as dúas están moi ben, "a mar" de graciosas, non podo parar de sorrir cando as vexo. ¡Moitas felicidades! por este blog tan ameno, ten razón Sandra cando dí que cada día tamos agardando a unha nova entrada, porque cada vez son mais interesantes, aínda que non opino en todas elas porque non teño moito tempo pero faime feliz saber que cada día somos mais seguidores.

    ResponderEliminar
  14. Felicidades por este ano, barqueiro! Gracias por compartir connosco este caderno de bitácora que día a día nos acerca a tantas cousas novas.
    Non lances aínda a ancla e sigue navegando por moito tempo.

    Unha asidua tripulante :)

    ResponderEliminar
  15. Samantha28/4/12

    Felicidades profe :) E que o teu blog cumpla moitos mais!! jeje

    ResponderEliminar
  16. Agarrádevos, tripulación!
    Caronte navega sen ancla...

    Seguiremos compartindo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d