Pois feliz aniversario! Porque hoxe, hai un ano que temos Moedas para Caronte. E como é lóxico, o Barqueiro e a súa tripulación merecían unha homenaxe especial neste día. Crédeme cando vos digo que paseino pipa dándolle forma á idea, que agora comparto co sorriso de quen gañou un momento especial para cando a memoria floxee. As alegrías son para celebralas... A ver que vos parece (por certo, hai unha segunda versión, cun Caronte menos heavy pero igual de trepidante, AQUÍ).
Levamos xa máis dun cento (116 exactamente) de moedas, case un pequeno tesouro. Pero a verdade é que, despois deste tempo, sei ben que o valor desta pequena barca no inmenso océano da rede non está no publicado, senón nos vosos comentarios. Sodes vós, cando aparecedes, os que dades valor, sentido e un significado especial a todo isto. E hoxe, un ano despois de ter iniciado esta travesía, non podía facer outra cousa que lembrarme de vós.
Milleiros de GRAZAS por estar aí!
Que grande!! Eso si, moito mellor a versión heavy
ResponderEliminarJajaja. "Non sei por que", prevía eu este comentario de Duarte apostando pola versión heavy.
ResponderEliminarBotei de menos ao equipo GangFilms durante a brevísima rodaxe.
Si, teño que cubrir o posto de Denis en canto a ese tema... por desgracia xa non se encontra entre nós... está en Suiza!
ResponderEliminarFelicidades Miguel!
ResponderEliminarEn canto a montaxe de celebración, eu discrepo (...) a min gústame moito mais a segunda versión...non só polo score senon tamén pola realización: as sombras da barca na auga, o ángulo....
Ainda estou dándolle voltas a cabeza pensando en de onde diantres sacaches esa barca :-). Está claro que non é o "Unicornio" de Tintín e o capitán Haddock, mais ben ten toda a pinta de pertencer a un clip de Playmovil. ¿Acerto?
Pois alégrame que haxa variedade.
ResponderEliminarSi, a verdade é que no outro vídeo hai unha sombra moi tétrica na auga. Un día terei que colgar o "Como se fixo", porque creo que daría para moitas risas...
Mentres, confeso que si: todo o material provén dun Playmobil pirata que houbo que tunear como está mandado ata dar nun Caronte que resultase crible. Salvo as moedas... as moedas (de chocolate) proveñen dun cofre legado hai tempo por alumnos moi brillantes aos que mareei durante todo un curso con batallas e historias de tesouros afundidos.
Jajaja...non se o "making of" do que falas xa o imaxinei eu está mañá e a cada escea imaxinada mais me ria:
ResponderEliminarBañeira da tua casa, luces apagadas, a tua irmá ou Marisa como axudante, ti a piques de premer o REC e escoitase: "¡Agora mamá!, empurra a barca!"
Jajaja
Felicidades Barqueiro!
ResponderEliminarAbril é un bon mes para nacer,ainda que sexa o "mes más cruel:
hace brotar
lilas del interior de la tierra muerta, mezcla
la memoria y el deseo, estremece
las raíces marchitas con lluvia de primavera..."
1bico
FELICIDADES MIGUEL!!!!! Qué crack!!! jajajaja! eu coma Xurxo tamén penso no "making off" (sorriso) e pártome de risa.Gústame a versión "heavy" pero a outra tamén moito!! sobre todo porque case se ve mellor a Caronte e as súas moedas de chocolate, qué grande!! Felicitacións de verdade por este pedazo blog! penso que todos estamos espectantes día tras día vendo cal será a vindeira entrada.Cal será a entrada do segundo cumpreanos?? :-)
ResponderEliminarVitoria: se abril é iso, estremece máis a súa beleza que a súa crueldade. Un mes idóneo para un rosmón resabiado e silencioso como Caronte.
ResponderEliminarJorge: houbo que dar moitas veces ao REC. Empurrei eu so, pero si que contei con apoio, risas e algunha puntada para o manto do barqueiro.
Sandra: o blog sodes vós! Oxalá para ese 2º aniversario esteades de novo todos os que hoxe estades... e máis!
Parabéns polo primeiro aniversario Miguel! Desexo que a barca de playmobil nos teña outra entrada para o 26 de abril do 2013!
ResponderEliminarCon respecto ao vídeo, a min tamén me gusta máis a versión menos heavy pero están as dúas xenial! Noraboa
Grazas Nerea!
ResponderEliminarSe os ventos seguen así, o ano que vén igual lle poñemos vela a Caronte, ampliamos a bañeira e facemos unha auténtica lagoa Estixia.
Estou encantado de reatoparvos aquí.
Atención rockeiros, a versión non-heavy (como se chama iso?) gaña adeptos!
Miguel, grazas por dirixir esta pequena barca na inmensidade da rede e parabéns por este ano de navegación!
ResponderEliminarPD: Apúntome a versión "non-heavy".
Miguel, tí xa sabes que eu tamén son da versión non-heavy, pero as dúas están moi ben, "a mar" de graciosas, non podo parar de sorrir cando as vexo. ¡Moitas felicidades! por este blog tan ameno, ten razón Sandra cando dí que cada día tamos agardando a unha nova entrada, porque cada vez son mais interesantes, aínda que non opino en todas elas porque non teño moito tempo pero faime feliz saber que cada día somos mais seguidores.
ResponderEliminarFelicidades por este ano, barqueiro! Gracias por compartir connosco este caderno de bitácora que día a día nos acerca a tantas cousas novas.
ResponderEliminarNon lances aínda a ancla e sigue navegando por moito tempo.
Unha asidua tripulante :)
Felicidades profe :) E que o teu blog cumpla moitos mais!! jeje
ResponderEliminarAgarrádevos, tripulación!
ResponderEliminarCaronte navega sen ancla...
Seguiremos compartindo.