Saltar ao contido principal

Mamá europarlamentaria

Encántame. Recoñezo que ao principio, cando vin a noticia (AQUÍ), tiña dúbidas, especialmente vindo dun político: ¿populista? ¿demagóxico? ¿espectáculo?... Pero canto máis o vexo, máis me gusta a idea, a intención e a natural perseverancia desta mamá e deputada por Italia no Parlamento Europeo. 


Licia Ronzulli acude ás sesións acompañada da súa filla Vittoria. Faino co ánimo de chamar a atención acerca da extrema dificultade de conciliar a vida familiar das persoas coa vida laboral. Conségueo? Fixádevos ben en como transcorre o vídeo: hai máis conexión coa vida real nesa escena, que en todo o resto do parlamento e dos parlamentarios xuntos (homes case todos, por certo).  Gústame esa naturalidade íntima das dúas, como se o que están a facer fose o máis normal do mundo... E teñen razón: porque ter fillos e querer coidalos é o máis normal do mundo. O anormal é esta tiranía do mercado na que vivimos; o anormal son estes horarios de non ter vida; o anormal é crer que o mundo pode seguir avanzando sobre a base ridícula de que a produción debe priorizarse fronte aos fillos... Non?

Así que, oxalá o nome da pequena sexa premonitorio. Oxalá non se quede nun xesto. Oxalá entendamos dunha vez que na vida o coidado das persoas é máis prioritario que ningunha outra cousa. Porque aínda que o traballo danos cousas importantes, todo o sentido da vida está aí: na ternura da nai, no tempo compartido, na calidade da relación cos nosos pequenos... Así que hoxe esta entrada vai para as mamás. Especialmente para as fascinantes.

Pero claro... isto é o que penso eu. Agora quedaría saber que pensa o empresario, o estado, a mamá, o neno cando medra, ou mesmo os avós... Dicídesmo vosoutros?

Comentarios

  1. Eu sempre quixen ser mamá, desas mamás que levan dous nenos colgando dun brazo mentras agarran as bolsas da compra co outro, das que sempre vixían polo rabiño do ollo o que fan os seus nenos sen deixar de facer o que fan, as que son capaces de estar a tres cousas á vez e aínda teñen forzas para ler contos pola noite.

    Creo que non me equivoco se digo que o día que teña fillos serán eles a miña prioridade, por enriba de calquera cousa. Así que: "o anormal é crer que o mundo pode seguir avanzando sobre a base ridícula de que a produción debe priorizarse fronte aos fillos", non podería estar máis de acordo.
    Na miña opinión é algo que se nos olvida, parece relegado a un segundo plano. Falamos moito da igualdade da muller, pero olvidamos esto que é tan importante, sen mamás non hai nenos, e sen nenos a onde iría o mundo?

    Con esto non quero dicir que non estea de acordo con un muller traballadora, con todo o que levamos ganado e aínda nos queda por ganar (en este ámbito por exemplo), nin que os homes non poidan criar aos nenos (no meu caso, ao lado da mamá que lee contos vai haber un papá que cambie pañales e se levante pola noite, ou que vai ser esto?). Pero como di miña avoa, que criou 3 fillos e 8 netos: unha mai sempre é unha mai.

    Candela :)

    ResponderEliminar
  2. Candela vai ser outra mamá fascinante. Estresada quizá, pero supermamá. Como está mandado!

    Agora que falas de avoas, creo que elas son das que máis padecen as consecuencias destes tempos de mamás (e papás) case obrigadas a priorizar o traballo. E bueno, unha avoa sempre está ben (moi ben incluso), pero como sabiamente diría a túa: "unha mai sempre é unha mai".

    Un abrazo, Candela.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...