Saltar ao contido principal

Cando naces... xa non podes esconderte (sen Megavídeo)

Agora que megavideo se foi ao tacho (de momento), creo que o máis intelixente é deixar de rasgarse as vestiduras, e ir ás alternativas. Porque habelas, hainas... Así que, desde a miña humilde barca no medio do océano, hoxe vou propoñer tres, con película incluída.


1ª alternativa: bibliotecas públicas. Nelas o cine préstase para levar a casa, é totalmente de balde e hainas con gran fondo de armario, sobre todo no máis difícil de atopar: clásicos, rarezas e grandes títulos. O bo desta opción é que en todas partes hai varias (a do concello e a dos centros educativos); o malo, que os mellores fondos adoitan estar nas das cidades. Para saber que pelis hai en cada biblioteca pública galega, sen ter que desprazarse ata ela, podedes buscar na Rede de Bibliotecas de Galicia.

2ª alternativa: carteleira de cine. Agora mesmo hai pelis notables e incluso sobresaíntes, como The Artist, ou Arrugas (da que xa falaramos aquí), que ben merecen o prezo da entrada. Para valorar as pelis obxectivamente sen guiarse so polo trailer ou a publicidade, está Filmaffinity. Pero tamén hai unha chea de webs e blogs independentes que nos dan ideas, aconsellan ou apuntan posibilidades, como A Clockwork Fiction ou La Melodía del Celuloide

3ª alternativa: internet, sempre internet. Pode que pecharan megaupload, pero o invento de compartir arquivos a través da rede está aí e non poderán eliminalo nunca. Outra cousa é que as produtoras por fin se decidan a velo como un medio e non como un obstáculo, e acaben incorporándoo en vez de pelexarse coa innovación. Como diría alguén: "que o teu modelo de negocio non funcione non é culpa miña"... Mentres, aínda hai infinidade de pequenos sitios nos que atopar cine do bo, e non só as estreas máis comerciais. Un exemplo é o blog El Cine Italiano, que ultimamente estame a regalar historias magníficas, das que agarran o touro da vida polos cornos. E o máis importante: que se descargan directamente de aí, sen megavídeos nin gaitas.


Así que hoxe, pola gracia que Caronte me otorga, comparto con vós a moeda de chocolate máis recente que este sitio me regalou: Cando naces... xa non podes esconderte . E non vou contar moito, porque isto vai longo de máis... Só imaxina un veleiro navegando a motor pola noite.  Tes 12 anos e teu pai está de garda na popa. Durmes no camarote, pero éntranche unhas terribles ganas de mexar. A escuras, sobes á cuberta, achégaste á proa, enredas un pé nun cabo e... caes na auga. Ninguén se dá conta. Ninguén oe nada. O veleiro afástase rápido e imperturbable, e ti quedas na inmensidade do mar, a noite e o medo, rachando a túa gorxa a berros... A partir de aí, unha historia inesperada e cruda como a vida mesma. Podedes descargala AQUÍ (basta cun enlace e os subtítulos). Déixovos co trailer, facendo clic aquí ou no cartel!

Comentarios

  1. Sempre nos quedará tamén o intercambio P2P, entre usuarios directamente, dende que cerraron Megaupoad conseguin toda a filmografía de Scorsese e a de Hitchcock e encóntranse tanto películas clásicas como rarezas (hai que saber buscar, eso si)
    E nestas semanas ''pre-Oscars'' os cines están bastante saturados de bon cine como ''J. Edgar'' de Eastwood, ''Los Descendientes'' ou a última de David fincher ''The Girl with the Dragoon Tattoo''

    ResponderEliminar
  2. Aí estamos, Duarte: hai moita vida e outras vías de intercambio de arquivos. Entre amigos o Dropbox tamén é unha posibilidade: unha carpeta no teu ordenador que compartes con quen ti queiras. Que web de intercambio nos recomendas ti?

    Espero que Clint Eastwood non me falle, porque "Los descendientes", a pesar das boas críticas que recibe, pareceume moi mediocre.

    ResponderEliminar
  3. O de Dropbox xa o probei pero non me gusta moito, é algo simple de máis. Outra opción sería pagar entre 4 ou 5 persoas un disco duro virtual e ter unha capacidade de entre 1Tb - 100Tb, que xa é bastante.
    ''J. Edgar'' está bastante ben, un moi bo biopic do que foi creador da ciencia da investigación nos departamentos de policía... e DiCaprio fai unha interpretación brillante, que non se levou a nominación ó Oscar inexplicablemente. E a de ''Los descendientes'' a mín gustoume bastante, e a interpretación de Clooney tampouco está nada mal.

    ResponderEliminar
  4. Coñeces a web series.ly?

    Non vin J.Edgar, pero dos Oscar non me sorprende nada. Os criterios non sempre teñen que ver co estritamente artístico, e especúlase moito á hora de dar os premios, tendo en conta cousas que non teñen que ver coa peli ou coa interpretación en cuestión. Con di Caprio teñen algún tipo de manía, que creo que vén da época de Titanic.

    Sorpréndeme que che guste "Los descendientes". Aínda estou preguntándome que pretendía o director. Non me faría chorar nin cunha cebola.

    ResponderEliminar
  5. Si que coñezo series.ly e empeceina a usar fara 1 mes ou asi grazas a Suso que me invitou, pero agora xa non entro nada, as series que vexo consigoas todas por torrents e case prefiro porque así teño os episodios en Hd e mellora bastante.
    No dos Oscars tes razón, dende o ano 2000 ata o 2010, perfecto, para o meu gusto acertaron en todo (de mellor película, ollo!), pero xa o ano pasado a cagaron con ''El discurso del Rey''.... eso si, é un dos acontecementos que máis me gusta ver do cine!

    ResponderEliminar
  6. Non me estraña que che guste tanto, Duarte. Ten a maxia das grandes ocasións... e o feito de que aquí se emita de madrugada dalle un punto extraordinario... De todos modos, e xa que estamos... de verdade que "Slumdog Millionaire" foi a mellor peli do ano 2008??

    ResponderEliminar
  7. Bueno no... no 2008 eu apostaba por ''Benjamin Button'' ou ''Harvey Milk''... ''Slumdog Millionaire'' non está nada mal pero non supera as de Fincher e Gus Van Sant... haber como vai este ano...xa faremos unha porra, jaja
    P.D. Hai novedades en ACF

    ResponderEliminar
  8. Ves? Nesa opinión estamos máis cerca... Que empece a porra.

    Sobre as novidades en ACF... mellor que o vexades. Unha entrada insuperable, maldito bastardo!:
    http://aclockworkfiction.blogspot.com/2012/02/vlog-01-cambios.html#comment-form

    ResponderEliminar
  9. marisa5/2/12

    Miguel, esta peli tamén me gustou moito, así que pareceme moi ben que a recomendes no teu blog, estás poñendo cousas moi interesantes que realmente invitan a facer comentarios.

    ResponderEliminar
  10. Alégrome!

    É un gustazo compatir opinións e ver que vos agradan as moedas que imos xuntando aquí.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d